martes, 20 de setembro de 2011

Agustín Fdez Paz, novo premio


Agustín Fernández Paz, un dos autores galegos que máis nos gustan, gañou o VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil.
O xurado galardoou o autor "pola súa extensa obra narrativa, que aborda unha gran diversidade de xéneros e temas", dixo Verónica Abud, representante da Organización de Nacións Unidas para a Educación e a Ciencia (Unesco) e presidenta do xurado.
O autor, que recibiu en 2008 o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra en galego "O único que queda é ou amor", mostrouse moi compracido por este premio, sobre todo polo seu "carácter internacional, o feito de que un xurado formado por xente de toda Iberoamérica recoñeza toda a obra dun é unha satisfacción moi grande".
Os gañadores anteriores foron Juan Farías, outro autor coñecido en Ferrolterra, Montserrat del Amo e Gili, Bartolomeu Campos de Queirós, María Teresa Andruetto e Laura Devetach.

"Nunca se leu tanto como agora, en tempos pasados podía haber uns poucos que liamos moito, pero a democratización da lectura agora é moito maior. Aínda que pode avanzarse moito máis e fai falta promoción para conseguir cada vez máis cidadáns lectores, a base dunha sociedade democrática," explica Fernández Paz sobre a crenza de que as novas tecnoloxías están a minguar o interese pola lectura dos máis novos. Sobre o libro electrónico, o escritor é optimista e cre que só "será unha ferramenta máis".

luns, 19 de setembro de 2011

Blogfesquio on PhotoPeach

Para os que sodes novos na nosa biblioteca e queredes dar un paseo:

Homenaxe a Kurt Sanderling



Gustav Mahler: últimos 10 minutos da súa 10º Sinfonía.

O director de orquestra alemán Kurt Sanderling, unha das grandes batutas do século XX, morreu en Berlín aos 98 años. De orixe xudeu, Kurt Sanderling fuxíu do nazismo en 1936 e refuxiouse na Unión Soviética, onde dirixiu ata 1960 a Orquestra Filarmónica de Leningrado,
hoxe San Petersburgo.
Tras 24 anos de exilio, foi autorizado pola autoridades soviéticas a regresar á súa patria, comezando unha segunda carreira. «A Unión Soviética salvoume do Holocausto, e aínda cando vin cousas que houbese preferido non ver, permitiume facer unha carreira extraordinaria», dicía. Ao comezar o seu primero ensaio como director da Orquestra Filarmónica de Berlín, en 1960, declarou: «Son xudeu». Sanderling coñeceu o núcleo da ditadura comunista ao lado do seu amigo Dimitri Shostakovich, de quen grabou varias sinfonías.

Descanse en paz.

sábado, 17 de setembro de 2011

Coñece a nosa biblioteca: un mundo de posibilidades





Poderás atopar este recurso indefinidamente na columna da esquerda en
'O recanto do Esquío' ademáis do arquivo como todo o resto de artigos de interese.

venres, 16 de setembro de 2011

Novela didáctica en educación en valores



Luz e Miguel, dous alumnos de ESO "coas cousas claras", outros compañeiros do instituto, algúns pais, nais e profesionais do ensino e doutros ámbitos representativos da sociedade... danse cita en "El casting" unha novela dixital creada para tratar na aula e na casa fenómenos do noso tempo que nos preocupan: autonomía persoal, os afectos e as emocións, relacións interpersoais, participación no centro educativo e nas actividades que contribuen a posibilitar unha sociedade máis xusta e solidaria, hábitos de vida saudable, a violencia, a sexualidade, igualdade de xénero, a integración de persoas doutros países na nosa sociedade, a vontade de superación ou as relacións familiares...

Todos estos aspectos trátanse nos distintos capítulos que atopamos na novela e mediate actividades aprendemos a dialogar e enfrontar ideas.

Un bó exemplo de traballo intuitivo proporcionado por Averroes da Consellería de Educación de Andalucía.

xoves, 15 de setembro de 2011

Xa estamos de volta ...






e preparando moitas actividades!



Pásade pola biblioteca e atoparedes un espacio renovado e novas iniciativas.


mércores, 14 de setembro de 2011

As BibEs despiden a unha compañeira bibliotequera


Comezamos o curso con tristeza.
Temos que despedir á compañeira Mª Dolores Martínez Tobío, docente no IES Luis Seoane de Pontevedra e responsable da biblioteca escolar do centro. Hai só uns meses que Mª Dolores nos puxo a Salvar Libros por centros de toda Galicia. Salvar os libros que valen a pena, as linguas nas que se escriben eses libros, as bibliotecas nas que se gardan... a memoria dunha mestra que día a día traballou a favor da cultura e a educación.

Este é un documento colaborativo como tantos outros nos que Mª Dolores adoitaba participar co seu habitual entusiasmo. Desgraciadamente convocounos hoxe a súa despedida e pensamos nesta pequena homenaxe que xorde da mesma rede que ela axudou a tecer. Canto tempo e ilusión dedicados a Biblioiris, a súa bitácora vinculada á biblioteca escolar do instituto! Por iso os nosos blogs lamentan hoxe a súa ausencia. Por iso esta entrada será publicada por moitos outros centros, ademais dos que aquí figuran. Esperamos que este documento saiba representar tamén a tantas persoas que, desde a rede PLAMBE das bibliotecas escolares galegas, desexan expresar o seu pesar e as súas condolencias á familia e amigos da nosa compañeira. Son tantos os centros que a súa relación excede as dimensións deste documento.

Grazas Mª Dolores polas palabras, polas reflexións, polas propostas, polo tempo, polo que fixemos xuntos e que permitirá seguir camiñando pola ruta das bibliotecas escolares.

Cristina Novoa
Pilar Sampedro
Asesoría Bibliotecas Escolares


De seguro Dolores estará rodeada das lecturas da súa vida.
Recordarémola.