martes, 28 de maio de 2019
domingo, 26 de maio de 2019
Os membros do club na ExpOtaku
Este venres difrutamos da nosa primeira experiencia na ExpOtaku na Coruña. Por ser a primeira mañá do evento aínda non había moita xente polo que non tivemos que facer moita cola para algunha actividade como a do tiro ou os vídeo xogos, visitamos todos os stands..., pero por outro lado non puidemos ver algún dos obradoiros pois estaban aínda arrincando... de todos os xeitos foi unha moi boa experiencia para os que non a tiñamos e os nosos alumnos estiveron dacordo que o Jugger temos que adaptalo para o noso centro e, por suposto, temos que volver o ano que ven pero todo o día!!!
Para mostra a galería de imaxes e o vídeo seguinte onde se explica o funcionamento do xogo:
mércores, 22 de maio de 2019
Visita de Andrea Maceiras
Andrea Maceiras veu ao noso centro onte para falarnos dunha das súas obras máis recentes "O que sei do silencio". Nesta ocasión trala presentación a cargo de Diego, Lino e Paola, contounos un conto de fadas e do valor da aceptación dun mesmo, coa fada Nada aprendemos que todo o que facemos por pequeno que sexa, pode supoñer un Todo para que nos rodea.
Falamos do papel de Delia, que todos fomos un pouco coma ela nalgún momento e que o paso que deu de verbalizar a súa parte, o que ela sabía do silencio, ese silencio culpable e vergoñento, supuxo unha liberación e unha terapia reconstructiva pois supuxo que outros tamén empregasen a palabra para recoñecer o seu papel.Tamén nos contou o xermolo da obra aínda que no apéndice da mesma xa o explicara.
Ademais nos fixo unha pequena recensión de Nubes de silencio, obra que están a ler os alumnos do club de lectura de 1ºBAC.
Moitas grazas pola túa cercanía Andrea, gústanos moito as túas visitas
aínda que nos coste falar ao principio.
GRAZAS por tratar estos temas tan actuais e de tanta relevancia no mundo escolar!!
luns, 20 de maio de 2019
Nós diario
Con multisoporte en papel e dixital, o diario aspira a ampliar o espazo galego de comunicación e ser referente no panorama mediático da Galiza
Impulsado por Sermos Galiza, as máis de 3.000 presubscricións logradas até o momento garanten a estabilidade financeira precisa para afrontar os custos de edición do diario
Sermos Galiza presentou o cabeceiro de Nós Diario nun acto onde se fixeron públicas as principais liñas de deseño do diario en papel, que nacerá á par dun diario dixital cunha importante presenza audiovisual. Os primeiros números cero do diario en papel comezarán a prepararse no mes de outubro e verán a luz a finais de ano e, a partir do 2 de xaneiro de 2020, o diario en papel sairá ás rúas de terzas feiras a sábados e no formato web estará actualizado todos os días do ano. Nós Diario aspira a ampliar o espazo galego de comunicación e a ser referente no panorama mediático da Galiza.
A denominación Nós é unha creación orixinal de Castelao que responde a unha encomenda do escritor Eladio Rodríguez, que en 1918 bota a andar unhas páxinas especiais sobre literatura galega no xornal coruñés El Noroeste.... seguir lendo en Extradixital.
Agora tamén na versión dixital na columna da dereita en Prensa e revistas
sábado, 18 de maio de 2019
Desde o CPI Os Dices telexornal sobre Antonio Fraguas
O CPI Plurilingüe dos Dices (Rois-A Coruña) xa nos ten acostumados a tan bo traballo nas Letras Galegas co seu telexornal adicado ó autor homenaxeado, este ano a Antonio Fraguas.
O profesor Luís Aldegunde dirixe ao grupo de rapaces en IntraExp merecedores de aparecer nos telexornais nacionais!
Unidade didáctica sobre Antonio Fraguas desde o Museo do Pobo Galego.
venres, 17 de maio de 2019
Subscribirse a:
Publicacións
(
Atom
)






