domingo, 28 de octubre de 2007

Por fin, é tempo do poeta Pérez Parallé


Queridos e queridas, oportunidade dourada para achegarnos á vida e á obra de Don Xosémaría Pérez Parallé (Ferrol, 1909-1987): a Liga de Amigos de Barallobre (parroquia donde pasou a meirande parte da súa vida) ven de organizar un Congreso e unha Exposición entre os días 3 e 10 de novembro con ponencias a cargo de estudosos como Méndez Ferrín, Alonso Montero, Bernardo Maiz, Esperanza Piñeiro, Gillermo Llorca... e a presenza de Isaac Díaz Pardo ou Xosé Ramón Barreiro; haberá representacións, proxeccións e mesas redondas, e unha mostra fotobiográfica con documentos que saen á luz e que ata agora coñecían os seus máis achegados.


Profes, pais, alumnos e veciños da comarca temos unha cita a vindeira fin de semana co Segrel do Penedo, poeta con méritos dabondo para formar parte dos homes e mulleres homenaxeados no Día das Letras Galegas.

1 comentario :

O Segrel do Penedo dijo...

Non sei como darvos as grazas... Os primeiros en falar do Congreso, incluso antes que nós mesmos!!!
Unha aperta dende Fene