miércoles, 12 de diciembre de 2007

O xene egoísta : as bases biolóxicas da nosa conduta Richard Dawkins


"O presente libro debese ser lido case coma se tratásese de ciencia-ficción. O seu obxectivo é apelar á imaxinación. Pero esta vez é ciencia. Somos máquinas de supervivencia, vehículos autómatas programados a cegas co fin de preservar as egoístas moléculas coñecidas co nome de xenes. Esta é unha realidade que aínda me enche de asombro. A pesar de que o sei desde fai anos, paréceme que nunca me poderei afacer totalmente á idea. Unha das miñas esperanzas é lograr certo éxito en provocar o mesmo asombro nos demais"... sigue lendo.

Así describía Richard Dawkins a súa obra en 1976, desde entón esta obra é un clásico para entender por que unha abella suicídase ao atacar a un intruso na colmea? por exemplo.

1 comentario :

Rodrigo dijo...

No noso sistema dixestivo temos colonias de bacterias cun ADN alleo ó noso e que viven en simbiosis con nós. No corpo temos máís bacterias alleas que células co noso ADN. A pregunta é, ¿o home fixo evolucionar ás bacterias ou as bacterias fixeron evolucionar ó home? Ou doutro xeito, que ADN contribuímos a propagar, ¿o noso ou o das bacterias?
Canto máis avanza o coñecemento do home, vemos que máis pequeno é o noso papel no universo. A Terra deixou de ser o centro do Universo, o home o centro da creación e agora nin somos donos do noso corpo. ¿Cal será a seguinte decepción?