
Queridos amigos e amigas, por fin chegaron as vacacións de Nadal . As vacacións...máis cama, máis festa, máis televisión..., pero con xeito por favor!: A proposta de hoxe é de absoluta calidade, variada nos temas e algo máis densa en contidos que as que normalmente vos recomendo (pero como temos moito tempo libre e mellor humor nestes días, creo que poderedes gozala sen problema); o traballo da
National Geographic é unha magnifica realidade para a divulgación da Ciencia, da Historia, da Antropoloxía, da Natureza, a través de publicacións impresas e audiovisuais. Pois ben, agora mesmo estanse a emitir os seus documentais simultaneamente en
Localia (Sábados ás 15:30 horas) e
La Sexta (Sábados e Domingos sobre as 11:30 horas). E se resulta que vos engancha, convídovos a consultarnos na Biblio, que hai moito e bó...
Adicade uns segundos a mirar as imaxes que escollín...e logo decidide se prendedes a tele.
BO NADAL E ATA A VOLTA.
Ningún comentario :
Publicar un comentario