
Fai trinta anos, Jacques-Yves Cousteau descubríu ao mundo o estado dos océanos. Pasou o tempo e agora é o seu fillo Jean-Michel Cousteau, xunto ao seu equipo de amantes do océano, quen mostran os lugares máis marabillosos, agochados nos fondos mariños de todo o globo terráqueo. Analizan ecosistemas que habitan nas profundidades e aportan grandes panorámicas a través dos sistemas de gravación máis modernos de alta definición. Unha mestura entre exploracións e ecoloxismo que achegan de forma espectacular lugares case inalcanzables para a maioría dos homes.
Canle: Localia
Emisión: Domingos ás 15:30 horas
Formato/Duración: Serie de documentais "La saga Cousteau: aventuras en el Océano", en capítulos dunha hora de duración. A canle emíteos dentro do seu contedor "Grandes documentales"
Por que a escollín?: Fomenta o amor pola Natureza mostrando a beleza dos Mares e as Costas, descubrindo a súa riqueza e denunciando as agresións que sofren. Prégovos que adiquedes un minuto a mirar o pase dos fotogramas que escollín, e logo dicídeme se non paga a pena respectar tanta fermosura.
Ningún comentario :
Publicar un comentario