
Diñeiro, bancos, bolsa e comercio mundial non son tan modernos como se cre. Aquel que queira entendelos debería coñecer a súa historia. Nikolaus Piper conduce ao lector por unha viaxe a través do tempo na súa Historia da Economía, desde o primeiro intercambio de obxectos no Paleolítico ata a polémica globalización dos nosos días. Piper narra, en 31 breves e comprensibles capítulos, a historia do mundo como a historia da economía; ofrece factores e cifras e presenta a "condutores" da economía como os Fugger, os Rothschild, Adam Smith e Karl Marx.
O libro dun experto e narrador, que mostra o emocionante que pode ser a historia da economía e recibiu o Premio Alemán ao Libro Xuvenil (de información).
Ningún comentario :
Publicar un comentario