luns, 3 de decembro de 2007

Destecendo o arco iris : ciencia, ilusión, e o desexo de asombro


É a ciencia un modo de entender o mundo que o priva de calquera sentido poético? Se esfuma todo indicio de maxia en canto o científico desentraña o funcionamento da natureza? Cando Newton, cun simple prisma, descompuxo a luz branca no espectro de cores que se oculta tras ela, desposuíu de lirismo ao arco iris, como lle recriminou Keats nun soado poema?

Desde a astronomía e a xenética ata a linguaxe e a realidade virtual, Richard Dawkins en "Destecendo o arco iris : ciencia, ilusión, e o desexo de asombro" demóstranos -e convéncenos con exemplos irreprochables- que a ciencia tamén entraña beleza; e que o descubrimento dos mecanismos que rexen os fenómenos naturais non só non destrúe a súa poesía senón que a enxalza, revelándonos aspectos sorprendentes que de ningunha outro xeito poderiamos apreciar ou imaxinar. Cun enorme caudal de citas poéticas, Destecendo o arco iris suxire que pode aprenderse moito dos poetas, que a ciencia debería saber recorrer a imaxes e metáforas inspiradoras que facilitarían unha comprensión profunda e unha investigación fértil.

Ningún comentario :