sábado, 1 de diciembre de 2007

SIDA


Chámome Zomokuhle Mdingwe, teño sete anos. A miña nai morreu o ano pasado e púxenme moi triste. Tiña SIDA e contaxioumo porque non sabía que o tiña e deume o peito. Agora vivo cos meus avós e curmáns. Eles me coidan.
Cada mañá, cando me levanto, tomo as píldoras. Fai un tempo que as estou tomando e me sinto máis forte. Xogo mellor á pelota e corro máis rápido. Na escola aprendo mellor. Estou contento Creo que vivirei moitos anos.
No día mundial do SIDA fun coa miña avoa a unha grande reunión. Dixéronme que estivera de pé cunha vela na man. Conteilles que tomo as pastillas tódolos días. Deume vergoña falar diante de tanta xente, pero tamén estaba orgulloso porque viñeron varios compañeiros da miña clase. Viñeron para verme falar. Paseino moi ben con eles no autobús. Cantamos todo o camiño. Creo que me queren moito.
(National Geographic, setembro 2005)
Non é máis ca un exemplo dos cuarenta millóns de afectados polo VIH no mundo, ós que hai que engadir os millóns de afectados pola enfermedade, as familias, a sociedade que perde as persoas no seu mellor momento da vida, os países, os continentes e o mundo. ¿Cantas cousas quedarán sen facer por culpa desta pandemia?

No hay comentarios :