martes, 1 de febreiro de 2011

Mes do Cómic grazas á FGSR


Durante o mes de febreiro temos a vosa disposición unha selección de cómics na biblioteca grazas ao servizo da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, FGSR, de Lecturas de ida e volta.

Consta de 40 títulos clásicos como Tintín, Asterix, Mafalda, Super López, Mortadelo... e outros de actualidade como 300 ou tan suxerentes como Emigrantes, MAUS, Persépolis, María y yo, El caso del velo, El grito del pueblo... Todos eles xunto cos que xa tiñamos na biblioteca forman unha colección que merece a pena visitar.

Non os podemos deixar en préstamo para casa pero de seguro atoparedes algún momento para achegarvos á biblio onde vos temos preparada unha sorpresa: durante este mes en lugar de biblioteca o tema vai ser comicteca.

E para non deixar ningún cabo solto, podedes disfrutar da exposición sobre a historia do cómic (grazas ao traballo do noso compañeiro Rodrigo) e varias publicacións e agasallos:

O abc do cómic con todo o relacionado có tema

Boletín do cómic onde pegar a colección de estampiñas postais homenaxe ao cómic

Un boletín de participación cun encrucillado a resolver e gañar algunha sorpresa ao rematea exposición.
Non deixedes de visitala con ou sin
os vosos profesores,
a COMICTECA está chea de sorpresas!
Estade ao tanto estes días porque colgaremos as primeiras fotos do evento.

Ningún comentario :