![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhJULlD_br1Tsojy36IHn5nd12_-Pm1Lca9D2oe843kgYEPQEZAADDoSuUT93X5OSRqpgdh5foAHP79NjcNLjj1Vo2Y3OzRjIotbwm9ddMKKSCZU04EY1FwkjXxx0Ch3h0RL_iczrTbQPQB/s400/Reajustado_cobertor.jpg)
Cobertor de Estrelas conta os problemas vividos polos nenos abandonados que viven nas rúas brasileiras, cativos que perderon os vínculos familiares e que pasan a infancia con outros nenos, durmindo na rúa, brincando e roubando e tentando defenderse de todo tipo de violencia. Está escrito baixo a óptica dun menino da rúa que quere aprender a escribir; ten a ilusión de que así pode saír do mundo da pobreza e da violencia no que se atopa.
RICARDO LÍSIAS interpón a grande capacidade humana do protagonista para, cos seus xogos e soños, buscar a forma liberadora da cultura, do traballo e do amor.
Unha edición belamente ilustrada pola artista galega Itziar Ezquieta.
Unha edición belamente ilustrada pola artista galega Itziar Ezquieta.
Así comeza: " Despois de apañar garabullos e agochalos detrás dunha árbore, o menino foi buscar pedras: as grandes fan de autobuses e as pequenas, de coches. Nos buses, os homes van traballar mentres as mulleres quedan na casa preparando o xantar; e os cativos, á escola, aprender unha chea de cousas, como as letras pintadas no edificio grande preto da igrexa. Nos coches van todos, grandes e pequenos: hoxe é día de pasear polo parque."
Lendo, ves mellor o mundo, enténdelo máis e MELLOR!!
Ningún comentario :
Publicar un comentario