mércores, 4 de marzo de 2009

Readgalicia.com


Ler é sempre unha viaxe. O pobo galego é un pobo viaxeiro. Un pobo que tende redes e que mira cara a dentro e cara á fóra. Así tamén a nosa literatura, os nosos libros, teñen afán de ser viaxeiros. Buscan lectoras e lectores alén das nosas fronteiras. Coa súa calidade, ideas novidosas e representación propia e universal do mundo, son capaces de furar as fronteiras.

A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Editores queren contribuír a facilitar esta viaxe. Quere acompañar ese proceso de busca de visados, de percorridos de tren e avión, de paseos a pé. Os libros son centrais na nosa cultura, sector estratéxico da nosa identidade e o noso futuro, e comparten con nós o afán de moverse que define tamén as nosas letras. A tradución de obras galegas a outros idiomas é unha oportunidade de dar a coñecer a nosa cultura e inscribir os nomes das nosas autoras e autores no círculo da “literatura universal”...
Para conseguir esta difusión créase Readgalicia.com un catálogo de dereitos aberto que ofrece unha primeira selección realizada polas editoriais das últimas obras da literatura galega coas súas fichas de información completas. Un bó sitio para atopar tesouros na nosa língua.

Ningún comentario :