No Día das Librerías achegámonos ao catálogo do Club Kiriko para que lembredes que coa lectura tamén imos contracorriente.

Unha selección de libros diferentes para rapaces diferentes.
Aqueles que van deixando atrás a infancia.
Fantasía, ciencia ficción, amor, misterio ou policíacas,banda deseñada ou poesía, clásicos ou novela realista, todo cabe nesta selección.
Uns títulos para aqueles que buscan o SEU libro: aquel que lles diga algo sobre sí mesmos, que os enganche ata o insomnio, que lles dé palabras para coñecerse, que lles invite a ter outra mirada sobre o mundo...
E se vos lembrades deses outros pequenos da familia e lles queredes agasallar cun libro, Kiriko tamén nos deixa o catálogo de "150 títulos para ler e reler"
Ningún comentario :
Publicar un comentario