Nesta data tan sinalada non queremos deixar de recomendar aquelas obras do noso fondo que demostran que somos uns privilexiados, na nosa terra non hai guerra, pese á crise vivimos aceptablemente en xeral... pero hai casos nos que temos que intervir para que sigamos coidando a PAZ.
Agora no noso centro temos a mostra Cartas de Amor da que falamos fai uns días, nela vemos as obras dun grupo de ilustradores galegos que nos achegan a súa visión deses casos no que o amor é sustituido por dominación, a amizade convírtese en maltrato, casos que seguro todos recoñecemos na sociedade na que vivimos.
Non deixemos de denunciar esos comportamentos que non sen axeitados ás relacións que temos que ter por seren persoas.
Tomemos cartas no asunto, e mellor se son de amor.
E para mostra unha selección sobre o tema dos nosos fondos, disfrutade das lecturas e películas:
Desde o Seminario Galego de Educación para a Paz nos chegan estos recursos:
EXPOSICION
CULTURA DE PAZ
CIDADANÍA DEMOCRÁTICA
DEREITOS HUMANOS
CONVIVENCIA ESCOLAR
UNIDADES DIDÁCTICAS
BIBLIOGRAFÍA
VIDEOTECA
BLOGS DE PAZ
DATAS E DATOS PARA LEMBRAR... EN PÉ DE IGUALDADE
Ningún comentario :
Publicar un comentario