martes, 10 de febreiro de 2015

Navega con rumbo o vindeiro 24 no noso centro


Estás seguro de que sabes Navegar...A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudarche a emprender.
O vindeiro 24 de febreiro ás 18:45 da tarde teremos unha sesión informativa grazas a o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo que inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e aos pais e nais, ademais desta web específica e un programa de visitas aos centros escolares onde colexiad@s do Colexio Profesional de Enxenería en Informática expoñen aquelas recomendacións e consellos necesarios para navegar con rumbo polo ciberespazo.

Non deixedes de asistir.

Ningún comentario :