venres, 27 de setembro de 2019
Tal día como hoxe...inicia a súa aventura Charles Darwin no HMS Beagle
O 27 de setembro do 1831 saíu de Plymouth rumbo a América do sur o buque HMS Beagle con Charles Darwin a bordo.
Charles Darwin adoita ser lembrado como o home que sacudiu á ciencia e sociedade (e á relixión, filosofía, artes...) coa súa teoría da evolución por selección natural.
A orixe desta revolucionaria idea foron as súas case 5 anos de travesía polo mundo, descritos no libro "A viaxe do Beagle", publicado hai 180 anos. Por iso adoita pasar que o máis famoso da súa viaxe sexa todo aquilo relacionado coa evolución das especies. Pero ao longo do libro, así como tamén nas numerosas cartas que enviou a familiares e amigos entre decembro de 1831 e outubro de 1836, Darwin relata infinidade de anécdotas e reflexións sobre os lugares que vai coñecendo e os seus habitantes. E dado que, 42 dos 57 meses que o HMS Beagle pasou navegando foron en augas suramericanas, a maioría de historias proveñen de Arxentina, Brasil, Chile, Ecuador, Perú e Uruguai, os incipientes países da rexión que visitou... seguir lendo.
Vía BBC Mundo
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
Ningún comentario :
Publicar un comentario