xoves, 7 de novembro de 2019

Novidade: "La manada inteligente"


O comportamento das colonias de formigas, os rabaños de ovellas ou os enxames de abellas poden extrapolar as súas solucións colectivas a problemas humanos perentorios. Esa é a tese central que defende Peter Miller, xornalista viaxeiro de National Geographic, no seu libro A manda intelixente. Grazas ás abellas, por exemplo, quizá descubriremos que un grupo de persoas é capaz de alcanzar solucións máis correctas para un problema que un grupo de expertos. E das termitas aprenderemos como é posible que Wikipedia non sexa unha anarquía total: máis ben ao contrario, segundo un estudo publicado en Nature é unha enciclopedia máis fiable, en termos xerais, que a prestixiosa Enciclopedia Británica (polo menos na súa versión inglesa).

Seguir lendo en Xataka ciencia.

Ningún comentario :