luns, 17 de febreiro de 2020

María José Massanet e as relacións entre adolescentes nas series de TV

Ver a galería

María José Massanet, doutora en Comunicación Audiovisual, contounos de que xeito as series televisivas mostran os mitos do amor romántico, cómo algunhas nos presentan as rapazas cun xesgo machista e xogan cos espectadores para crear expectación ao igual que as narracións en papel.
Analizou as diferentes representacións das relacións amorosas nas series de televisión adolescentes, cómo son os discursos dos adolescentes que emerxen delas, a representación da violencia de xénero o amor romántico e cómo ambas promoves a exaltación de mitos románticos que conlevan perigos e xustifican situación de violencia dentro da parella. Repasou os personaxes fimininos e masculinos e os estereotipos ligados aos roles de xénero e a súa evolución.
Mediante varios cortes de series coñecidas por o alumnado, Física o Química, Los Protegidos, El Barco, El internado, Sex Education, 13 Reasons Why,  ÉLite ou Buscando a Alaska, achegounos un xeito de contemplalas crítico para movernos tamén neste medio que nos envolve.

Un pracer que se achegase a esta esquiniña da península ibérica a falarnos de algo que nos é tan común: as relacións entre adolescentes.

Ningún comentario :