sábado, 23 de maio de 2020

185 Mulleres matemáticas para un 12 de maio


No Días Escolar das Matemáticas, o 12 de maio, xa falaramos do tema deste ano, e hoxe vos traemos unha iniciativa que comezou no 2019 pero da que nos facemos eco este ano: na mesma data se celebra o Día  Internacional das Mulleres Matemáticas, o cal ten como obxectivo inspirar a moitas máis a coñecer e explorar este fermoso mundo, fomentando un ambiente de traballo aberto, acolledor e inclusivo.
Aquí vai unha homenaxe para todas aquelas quen a pesar das dificultades e limitacións que se lles presentaron no seu camiño, lograron destacar e triunfar, transformándose nun exemplo para futuras xeracións, tal e como dí Carola Soto autora dun fermoso mosaico coas imaxes de 185 matemáticas. Picando sobre cada imaxe, aparece unha breve información sobre a matemática representada. Unha bonita homenaxe ás mulleres matemáticas.

Na web Mulleres con ciencia atoparedes a razón desta escolla e moita información sobre a data.

Ningún comentario :