sábado, 30 de enero de 2021

Día da Ilustración dedicado a

Unha das datas destacadas do Calendario do Libro e da Lectura de Galicia é o Día da Ilustración, que foi instaurado en 2014 cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Alfonso R. Castelao. Como se vén facendo desde hai varios anos, este día, ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural galega, serve para homenaxear un autor ou autora que aportou na historia da ilustración galega.

Este 2021 dedícase por vez primeira o Día da Ilustración a unha muller, Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1925-1963), artista multidisciplinar que foi unha relevante pintora e ilustradora e sorprendentemente esquecida durante moitos anos.

O seu estilo combina o art decó con temáticas influenciadas polo pensamento rexionalista. Do seu traballo na editorial Nós quedan fermosas portadas. Ademais de artista prolífica, destacou tamén como ensinante e formou a importantes artistas. En 1938 converteuse na primeira muller xunto con Carmen Corredoyra en formar parte da Real Academia Galega de Belas Artes. 

Trátase dunha auténtica pioneira que desafiu as convicións da época. Unha muller adiantada que abriu camiño para toda as que viñeron despois e por iso este merecido recoñecemento homenaxeándoa este 2021 e cunha exposición virtual da súa obra na Biblioteca de Galicia no Gaiáz.


No hay comentarios :