mércores, 24 de febreiro de 2021

150 Cantares para Rosalía

Cantar a Rosalía de Castro supón unha enorme responsabilidade. Mergullarse na súa poética para facela propia, podería ser unha ousadía derivada do descoñecemento do que supón a súa voz para o sentir dun pobo. 

Mais, partindo de que entendo os límites sempre como persoales, e non os que nos impoñen as circunstancias, decidín emprender este proxecto. Pensei que unha homenaxe para a autora dos “Cantares gallegos”, no tempo que nos acontece, é un xeito de amosar o que a nosa lingua herdou deses primeiros cantos, esa raizame que nos xongue irrenunciablemente á cerna da qu e provimos, que se amosa con rotundidade nas voces de hoxe, nestes novos cantos que se multiplican coa forza propia das ondas envolventes de cada verso, de cada imaxe. Reunir 150 poemas inspirados noutras tantas estrofas dos Cantares, tentando non perder o fío que vertebra a obra, supuña un reto engadido... seguir lendo en 150 Cantares para Rosalía

Ningún comentario :