Neal Shusterman de novo na biblioteca con El abismo, nesta ocasión a novela máis eloxiada do mestre da literatura xuvenil. Unha viaxe extraordinaria ás profundidades da mente. Premio Nacional de Literatura Xuvenil en Estados Unidos, 2015 e IX Premio O Templo das Mil Puertas á mellor novela estranxeira independente de 2017.
Caden Bosch viaxa nun barco que o leva ao momento máis profundo da Terra: o abismo Challenger, na fosa das Marianas.Pero ao mesmo tempo, Caden Bosch é un alumno brillante de secundaria que xa non se comporta como os demais. Algo está a cambiar na súa cabeza. Caden é dúas persoas á vez. Os seus antigos amigos cren que se volveu tolo. E debe viaxar ao recuncho máis fondo da súa mente, custe o que custe... para saír á boia.
Ningún comentario :
Publicar un comentario