Que pasaría se xuntásemos a filósofos e pensadores de todas as épocas, tales como Dostoievski, Sartre, Platón, Wittgenstein, Nietzsche, Beauvoir, Sócrates, Kant ou Camus nun mesmo tribunal, nunha oficina moderna ou nun terreo de xogo para disputar un partido?
Corey Mohler (Portland, OR, Estados Unidos, 1985), que conta coa improbable virtude de ser transcendental á vez que divertido, brinda nestes Cómics existenciais a posibilidade de gozar a través dunhas páxinas que oscilan, en natural equilibrio, entre a reflexión sosegada e o hilarante do chiste fácil.
Revolución. Liberdade radical, Angustia, Desasosego, Autenticidade, Ansiedade, Ambigüidade, A vida carece de sentido e despois morres.
Ningún comentario :
Publicar un comentario