Presentámosvos o Calendario do Libro e da Lectura para 2025, que dá conta de 34 efemérides no ámbito das letras para os vindeiros doce meses, recolle datas de homenaxe a Castelao con motivo do 75 aniversario do seu falecemento e a Isaac Díaz Pardo, a quen se lle dedica o vindeiro Día das Artes Galegas.
Canda a estas datas, o calendario recolle como novidade a celebración o 17 de outubro do Día do patrimonio inmaterial, que contará con actividades específicas nas bibliotecas públicas do país. Tamén se incorporan a esta programación, o 27 do mesmo mes, o Día da corrección de textos, e o 22 de novembro, o Día da música.
As ilustracións do calendario foron feitas por Carlos Gallego Domínguez.
Ningún comentario :
Publicar un comentario