venres, 27 de marzo de 2026
xoves, 26 de marzo de 2026
mércores, 25 de marzo de 2026
Esta Semana Santa, xeorutas
Desde o próximo sábado 28 de marzo e ata o domingo 5 de abril, haberá diferentes actividades polos distintos concellos que abrangue o Xeoparque Cabo Ortegal: desde xeorutas a pé ou a cabalo, ata a vía ferrata da Senda do Santo.
venres, 20 de marzo de 2026
Nova data para o Día de Internet Segura 2026
mércores, 11 de marzo de 2026
II Día de Ibáñez
Con motivo do II Día Ibáñez, Bruguera, selo de Penguin Random House Grupo Editorial que publica as súas obras desde hai máis de 60 anos, presentou este venres unha homenaxe que levará o universo creativo de Francisco Ibáñez a distintos puntos de Barcelona no ano en que o autor cumpriría 90 anos.
A cidade acollerá un roteiro de dioramas inspirados nas súas viñetas máis icónicas, protagonizados por personaxes como Mortadelo e Filemón, Rompetechos ou O botóns Sacarino. Estas pezas instalaranse en diferentes espazos vinculados á lectura, os cómics e ao propio autor, e recrean escenas "cheas de detalles e humor" características do estilo de Ibáñez.
A iniciativa busca reivindicar a vixencia de personaxes como Mortadelo e Filemón, 13, Rue do Percebe, O botóns Sacarino e Rompetechos, que seguen formando parte da memoria cultural colectiva.
Se queredes saber máis de Mortadelo e Filemón, visitade a web non oficial.
venres, 6 de marzo de 2026
Novidades: Historia revisada de las mujeres
xoves, 5 de marzo de 2026
8 de Marzo Pola Igualdade
luns, 2 de marzo de 2026
luns, 23 de febreiro de 2026
Día de Rosalía
Cada 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía. Este curso, nós rendémoslle unha pequena homenaxe a través do concurso "O Rosco de Rosalía", un pasapalabra relacionado coa vida e obra da autora. Tedes ata o 18 de marzo para entregar as vosas respostas na biblioteca. Animádevos a participar!
venres, 20 de febreiro de 2026
Científica Galega do Ano 2026
A oceanógrafa Aida Fernández Ríos foi nomeada Científica Galega do Ano 2026 pola Real Academia Galega. Trátase da primeira muller que dirixiu o Instituto de Investigacións Mariñas. Especializada nos cambios físico-químicos dos océanos e a súa relación co clima, participou en 30 campañas oceanográficas por todo o mundo, cinco delas como xefa científica. Ademais, formou parte dun programa internacional que contribuíu á primeira avaliación global de dióxido de carbono oceánico causado pola actividade humana, que evidenciou o problema da acidificación dos océanos. En 2015 ingresou como académica numeraria.
mércores, 11 de febreiro de 2026
Día da Muller e da Nena na Ciencia
luns, 9 de febreiro de 2026
Julio Verne, o escritor que predixo o futuro
En 1970, Verne creou o Nautilus, un submarino eléctrico autónomo que funcionaba grazas a baterías recargables. Hoxe, submarinos modernos usan principios similares. Ademais, escribiu sobre un foguete tripulado capaz de chegar á Lúa e regresar á Terra 104 anos antes de que este feito tivera lugar. Para isto, Julio Verne era meticuloso coa ciencia: consultaba bibliotecas, científicos e revistas da súa época para que todo tivera lóxica.
As súas historias inspiraron a inventores e científicos reais. Anímate a ler algunha das súas obras!
venres, 6 de febreiro de 2026
Gañadores concurso DENVP
A clasificación do concurso do Día Escolar da Non Violencia e a Paz son:
- Primeiro premio: Estela Merlán e Antía Suárez de 2º ESO
- Segundo premio:Julio Anidos e Nelson Bonome de 2º BAC
- Terceiro premio: Saúl Vázquez e Sergio Martínez de 3º ESO
venres, 30 de xaneiro de 2026
Día Escolar da Non Violencia e a Paz
Por último, deixade vos o voso lema respecto a esta data.
Día da Ilustración 2026
Como cada 30 de xaneiro, hoxe celébrase o Día da Ilustración. Este ano, o artista homenaxeado é Siro, caricaturista, debuxante, pintor, xornalista e escritor nado en Ferrol en 1943.
Ademais de álbums de debuxos, caricatura e humor, Siro ilustrou cartelería e libros de diversos autores/as e editoriais e, ao longo da súa carreira, tamén traballou nunha serie de proxectos máis aló do debuxo. Así, xunto a Xaquín Marín, impulsou o Museo do Humor de Fene, inaugurado en 1984; escribiu guións e dirixiu programas de radio e televisión: Imos aló?, pioneiro por ser o primeiro curso de galego emitido na TVG (1989 e 1990) e Corre Carmela que chove, que se mantivo 21 anos en antena facendo terturlia de actualidade en clave de humor. En 1990 deseñou a Praza do Humor (A Coruña).
Tal día coma hoxe...os Beatles deron o seu último concerto
Á primeira hora da tarde do 30 de xaneiro de 1969, os transeúntes de Savile Row, en Londres, presenciaron un momento histórico: na azotea da sede de Apple Corps, os Beatles ofreceron o que sería o seu último concerto xuntos.
O concerto de 42 minutos, interrompido pola intervención policial, incluíu interpretacións de "One After 909", "Dig a Pony" e "I've Got a Feeling", que se incluíu no último álbum da banda, Let It Be (lanzado en maio de 1970, aproximadamente un mes despois de que se confirmase a separación dos Beatles). A improvisación na azotea tamén incluíu varias versións de "Get Back" e "Don't Let Me Down", ademais dunha improvisación de "God Save the Queen".
Con todo, este momento icónico na historia dos Beatles estivo a piques de non ocorrer. A principios dese mes, o 2 de xaneiro, Paul McCartney, John Lennon, George Harrison e Ringo Starr reuníronse nos estudos de cinema de Twickenham para compoñer cancións para un especial de televisión de finais de xaneiro. Desde o seu último concerto oficial en agosto de 1966, os Beatles envorcáronse con forza na experimentación en estudo e querían producir algo máis cru que os seus últimos álbums. Un equipo de filmación estaba en Twickenham documentando o inminente regreso da banda aos escenarios para o especial de televisión, pero ninguén estaba seguro de onde sería ese escenario: o London Palladium, as pirámides de Giza, un cruceiro e un anfiteatro libio eran algúns dos candidatos.
Os plans para un espectáculo extravagante frustráronse, pero a banda seguía querendo actuar. Finalmente optaron por unha actuación improvisada na azotea. A multitude congregouse na rúa. As queixas dos veciños polo ruído levaron á policía para forzar a finalización do concerto; ameazouse con arrestos, pero non se presentaron cargos.
martes, 27 de xaneiro de 2026
A pintura rupestre máis antiga do mundo
Toda a información aquí.
luns, 26 de xaneiro de 2026
venres, 23 de xaneiro de 2026
Plataforma E-LB2 formación para as familias
A plataforma E-LBE.2 ofrece a posibilidade de lectura a través de préstamos dixitais. O día 10 de marzo haberá unha formación online destinada ás familias para que poidan aprender como utilizar esta ferramenta conxuntamente co alumnado.
Quen queira participar só ten que clicar sobre o enlace de acceso ao formulario e conectarse o día da formación seguindo as instrucións que lle cheguen ao correo.
Podedes escoitar a charla conxuntamente familias e alumnado, posto que o préstamo de libros de lectura persoal está a disposición tanto para vós como para elas. Só teriades que pedir os códigos de acceso en biblioteca.
luns, 19 de xaneiro de 2026
Formación E-LBE.2 para docentes
A plataforma E-LBE.2 ofrece a posibilidade de préstamo dixital para os usuarios da biblioteca escolar. Se queredes asistir a algunha destas formacións para docentes, só tedes que cubrir o seguinte formulario de solicitude.
venres, 16 de xaneiro de 2026
xoves, 15 de xaneiro de 2026
Novidade: Castelao integral
martes, 13 de xaneiro de 2026
Preparándonos para a Paz:
luns, 12 de xaneiro de 2026
Tal día coma hoxe... Agatha Christie
xoves, 8 de xaneiro de 2026
O calendario do Libro e da Lectura do 2026 homenaxea a Otero Pedrayo e José Suárez
En concreto, o programa do Calendario do Libro e da Lectura inaugurará as súas 35 efemérides para o longo de todo o ano o 11 de xaneiro, co Día do usuario/a da Biblioteca e terá como unha das súas datas significativas desde mes, o Día da Ilustración, que se celebra o 30 e está dedicado ao humorista gráfico Siro López.
Neste ano 2026 destaca a conmemoración do Ano Oteriano, tras a declaración oficial do Parlamento de Galicia co gallo de cumprirse o cincuenta aniversario do pasamento desta figura esencial das letras, o pensamento e identidade galega contemporánea, así como tamén o centenario da publicación de Guía de Galicia, unha das súas grandes obras. Desde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vaise tirar proveito deste acontecemento como nexo de unión a prol da nosa cultura e lingua cunha extensa programación enfocada desde moi diversos ámbitos. ....seguir lendo.
Comezamos o novo ano...tal día como hoxe Marco Polo falecía Marco Polo en 1324.
Marco Polo partiu de Venecia cara a Asia no século XIII. Atravesou Persia, Mongolia e China, e acabou converténdose en emisario do mismísimo Kublai Kan. Pero Marco Polo non só viaxou: tamén o contou. As súas descricións sobre Pequín, o Gran Kan e as riquezas de Oriente cambiaron para sempre a mentalidade dos europeos. Con todo, a súa fama vai acompañada da polémica: dixo sempre a verdade? Para moitos, é o gran explorador da Idade Media. Para outros, un gran fabulador.... se queres descubrir algo máis deste personaxe consulta no noso catálogo.


















