Un 8 de marzo de 1857, un grupo de obreiras téxtiles tomou a decisión de saír ás rúas de Nova York a
protestar polas míseras condicións nas que traballaban.
Distintos movementos
sucedéronse a partir desa data. O 5 de marzo de 1908, Nova York foi escenario
de novo dunha folga polémica para aqueles tempos. Un grupo de mulleres
reclamaba a igualdade salarial, a diminución da xornada laboral a 10 horas e un
tempo para poder dar de mamar aos seus fillos. Durante esa folga, pereceron máis
dun centenar de mulleres queimadas nunha fábrica de Sirtwoot Cotton, nun
incendio que se atribuíu ao dono da fábrica como resposta á folga.
En 1910, durante a
Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras celebrada en
Copenhague (Dinamarca) máis de 100 mulleres aprobaron declarar o 8 de marzo
como Día Internacional da Muller Traballadora.
Actualmente, celébrase
como o Día Internacional da Muller, e por iso vos traemos unha mostra de obras sobre o tema que están á vosa disposición na biblioteca. se precisades máis información aquí tedes unha listaxe de recursos e web se interese.
Situaciones de aprendizaje en el portal del INTEF
Para saber máis:
Ningún comentario :
Publicar un comentario