luns, 12 de xaneiro de 2026

Tal día coma hoxe... Agatha Christie

 

Este luns 12 de xaneiro cumpríronse 50 anos da morte de Agatha Christie e a súa figura volveu a primeiro plano: a autora británica mantívose como unha das máis lidas do planeta, con máis de 2.000 millóns de exemplares vendidos.
A escritora inglesa admiraba ao pai Brown, saído da pluma de Chesterton, que ten en común co seu detective Hércules Poirot a empatía non só cara ás vítimas, senón tamén cara aos criminais. O medio século transcorrido desde a morte de Agatha Christie o 12 de xaneiro de 1976 non embazou a súa fama, acrecentada polas adaptacións cinematográficas e televisivas. Tras os seus primeiros éxitos literarios, a novelista foi convidada a formar parte do Detection Club, fundado en 1930 por Gilbert Keith Chesterton, e ela mesma presidiu desde 1957 este selecto club de autores de novelas policiacas. Curiosamente, os dous viviron na mesma rúa londiniense, Sheffield Terrace, no barrio de Kensington; un durante os primeiros anos da súa infancia, e a outra en plena madurez creativa, na década de 1930.

Para honrala poñemos á vosa disposición o noso catálogo de obras da autora mítica.

Ningún comentario :