Desde o próximo sábado 28 de marzo e ata o domingo 5 de abril, haberá diferentes actividades polos distintos concellos que abrangue o Xeoparque Cabo Ortegal: desde xeorutas a pé ou a cabalo, ata a vía ferrata da Senda do Santo.
As actividades están adaptadas a todo tipo de públicos e as persoas interesadas deben reservar previamente a súa praza a través do sitio web geoviajesortegal.com, no que figuran os detalles específicos para cada unha das iniciativas, incluídos o prezo e os horarios.
Animádevos a coñecer o patrimonio natural da nosa contorna!

Ningún comentario :
Publicar un comentario