O escritor Manuel Rivas foi recoñecido co Premio dos Clubes de Lectura 2026, por ser o autor máis lido polos clubes de lectura do ámbito educativo.
Onte tivemos a sorte de poder compartir con el unha videoconferencia na XVIII Xornada dos Clubs de Lectura, na que salientou "a importancia da boca da literatura, pois esta non fala para un discurso nin para un axioma, senón para ver o que non está ben visto, para achegarse á zona secreta do ser humano que fala da dúbida, da complexidade, do matiz".

Ningún comentario :
Publicar un comentario