mércores, 20 de maio de 2026

Visita a Celanova

O 19 de maio fixemos unha saída a Celanova co alumnado do club de lectura, club de manga e coro. Foi un día moi completo: comezamos visitando o mosteiro, no que puidemos ver desde fóra a fiestra da cela na que estivo preso Celso Emilio Ferreiro; fomos tamén á espectacular biblioteca do IES de Celanova; á capela de San Miguel, considerada un exemplo único da arquitectura mozárabe prerrománica en Galicia e asistimos a un concerto didáctico de órgano na igrexa de San Salvador. Ademais, visitamos a Casa dos Poetas, onde puidemos aprender moito sobre a vida de Curros Enríquez e, por último, fomos a Vilanova dos Infantes e ao castro de Castromao. Nos distintos lugares, o alumnado leu textos de Celso Emilio, Curros e Xosé Luís Méndez Ferrín. Así mesmo, os integrantes do coro interpretaron a canción "Herba de namorar", acompañados polo órgano.

Esperamos que desfrutedes da reportaxe gráfica da visita tanto como nós desfrutamos do día!

Ningún comentario :