viernes, 23 de abril de 2021

No Día do Libro 2021 Emilia Pardo Bazán

 

No Día do Libro queremos achegarnos á figura de Emilia Pardo Bazán, representante imprescindible do naturalismo en España, da que se cumpren 100 anos do seu pasamento. Como sabedes nas Xornadas Literarias do 2020 se quixo homenaxear á escritora, xornalista, pensadora, loitadora pola liberdade e namorada da cultura, por mor da pandemia deixamos a celebración para este ano polo que vos invitamos a todos a asistir ás mesmas que terán lugar o vindeiro día 30 de abril. 

Nestes días daremos conta do programa das XVIII Xornadas literarias do Concello de Neda nas que, coma sempre un grupo do noso club de lectura terá un relatorio xunto con especialistas na autora galega.


De momento vos deixamos unha mostra do marcapáxinas de agasallo que repartiremos entre os asistentes e o doodle que Google lle adicou noutro momento da súa vida.

No hay comentarios :