luns, 24 de abril de 2023

Berta Dávila, Ledicia Costas, Antía Otero, Eva Mejuto: os Premios Follas Novas do libro galego son das mulleres

 

O Teatro Principal de Santiago acolleu o pasado sábado a entrega de galardóns da oitava edición dos Premios Follas Novas do libro galego, organizados polas asociacións de escritores e escritoras (AELG), de editoras (AGE) e de librarías (FLG). Foi unha gala na que as obras escritas por mulleres levaron os principais galardóns e na que as tres asociacións tamén entregaron cadanseus premios honoríficos, á mexicana con raíces galegas Lydia Cacho, a Edicións do Castro que cumpriría 60 anos desde a súa fundación por Isaac Díaz Pardo, e á compostelá Libraría Númax.

Estas foron algunhas das obras premiadas que xa tedes na biblioteca:

  • Obra de narrativa: Os seres queridos. Berta Dávila. Edicións Xerais de Galicia.
  • Libro de poesía: Barroco. Antía Otero. Apiario.
  • Libro de teatro: As alumnas. Paula Carballeira. Editorial Galaxia.
  • Obra infantil: O neno de lume. Ledicia Costas (autora), Iván R.(lustrador). Edicións Xerais de Galicia.
  • Obra xuvenil: A ladroa da biblioteca de Meirás. Eva Mejuto. Edicións Xerais de Galicia.
  • Libro ilustrado: Verme. Federico Fernández. Germán González.Kalandraka Editora.
  • Libro de banda deseñada, gráfico e humor: Roxín Roxal. A daga do conde. Manel Cráneo e Brais Fierro. Demo Editorial
  • Obra de ensaio e investigación: A defunción dos sexos. Disidentes sexuais na Galiza contemporánea. Daniela Ferrández Pérez. Edicións Xerais de Galicia.
  • Obra de divulgación: Memoria diversa. Eva Mejuto. Deputación da Coruña.
  • Iniciativa bibliográfica: Chévere 1987-2022. Trinta ecinco anos de axitación cultural. Chévere. Kalandraka Editora.
  • Obra traducida: Léxico familiar. Natalia Ginzburg/Traducido por María Alonso Seisdedos. Editorial Laiovento.

Ningún comentario :