¿Podemos componer su rostro en este puzzle? Si os interesa leer sus obras o conocer su figura podemos encontrar una serie de interesantes videos en Cervantes Virtual
sábado, 10 de maio de 2008
Episodios nacionales
¿Podemos componer su rostro en este puzzle? Si os interesa leer sus obras o conocer su figura podemos encontrar una serie de interesantes videos en Cervantes Virtual
venres, 9 de maio de 2008
Nanobacterias e ciencia
Na sección Moléculas do suplemento Futuro desta semana do diario El Pais, se fala dunha investigación que pon en dúbida a existencia duns organismos chamados nanobacterias, ós que se fan responsables dalgunhas enfermidades e para os que incluso hai tratamentos. Confeso que nunca oín falar delas e se queredes saber máis recoméndovos ir ó xornal ou mellor utilizar un buscador para investigar. O que quero destacar é que esta investigación amosa como traballan os científicos. Non hai dogmas e todo se revisa. Se algo se pode probar e comprobar é certo e se acepta e senón, non. E cando algo se demostra que non é posible, se abandona e a outra cousa.
Este proceder sinxelo, o método científico, parece evidente e ten dados moi bos resultados. Pero sempre hai grupos que tratan de minimizar os seus resultados por intereses de todo tipo. Como mostra o “Deseño intelixente” onde xente sen preparación científica pretende impoñer un modelo da realidade baseado en conviccións e crenzas, e buscan, por un lado desacreditar o traballo da comunidade científica e por outro, darse unha pátina de ciencia. O problema e que o fan ó revés, colocan a teoría por encima das probas, xusto ó contrario do método científico, onde as probas están por encima das teorías.
A ciencia baséase no método científico e no análise rigoroso das probas. E ó que non lle guste que busque outra cousa, pero non se lle pode chamar ciencia ó que non o é, nin impoñer como saber científico o que non deixa de ser cuestión de fe.
Probablemente o que anoxe a moita xente é o ben que funciona a ciencia ben feita, pero eso non é culpa de ninguén. E o que teña algo mellor que o amose.
Día de Europa

Neste portal podedes coñecer este lugar onde vivimos todos mediante xogos,símbolos , a Europa dos novos,doce leccións sobre Europa, institucións,documentos, feitos e datos e moito máis!
xoves, 8 de maio de 2008
Letras Galegas 2008
"Meu pai era un curioso absoluto, un activista cultural"
Con estas palabras Xosé María Álvarez Cáccamo describía ao seu pai nunha entrevista concedida a El País con motivo do seu nomeamento como autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.
Outras personalidades do mundo das letras falaban del como "buscador de tesouros","pedagogo", "erudito" ou como dicía Otero Pedrayo:
Desde o corazón do Fernando Esquío recordamos a este outro poeta con sabor a antigo, compilador de autores medievais, con unha exposición e recitais dos seus poemas.Ouh, bon novelista, poeta, erudito,
xentil deportista das grorias do mito
que as risas das foulas do mar de Coruxo
gobernas con vellos saberes de bruxo
e, rei da badía, novo Poseidón,
deica o vago Ponto levas teu blasón,
nas azas do vento chegou a Trasalba
túa epístola leda, estrofa bivalva,
con legrías boas, cordas de amizade
soantes cos ritmos da vella saudade
que nos cingue ós poucos bos e xenerosos...
Si queredes comprobar canto sabedes del, intentade o crucigrama do noso último boletín....
... bó día das Letras Galegas e moitos libros para disfrutar!
martes, 6 de maio de 2008
1ª Xuntanza dos Plambeiros de Ferrol

Onte, día 5, do mes 5 ás 5 da tarde reunímonos no CFR de Ferrol 9 responsables das 13 bibliotecas escolares de Ferrolterra incluidas no PLAMBE. Realmente éramos 11, pois dúas compañeiras xustificaron a súa ausencia e prometeron non faltar á seguinte. (A inauguración da Biblioteca de Somozas é causa máis que xustificada para non vir. Están cos preparativos da celebración!!!! Dende aquí enviámoslles os nosos parabéns.)
Nesta ocasión fixo de mestre de cerimonias Antón Cortizas, en Sanxenxo foi Pilar Sampedro, así que os dous quedan nomeados "Membro Honoris Causa" do grupo Plambe-Ferrol.
Comezamos presentándonos, xa que non nos coñecíamos todos, e expoñendo o motivo que nos traía á reunión, que non era outro que "botar a andar unha nova etapa de colaboración e reflexión compartida". O traballo colaborativo, a posta en común das nosas experiencias e tamén, como non, facer terapia de grupo, que sempre ven moi ben, é causa máis que suficiente para este "mini-encontro plambeiro".Falamos do que estamos a facer, dalgúns dos nosos proxectos, fixemos terapia... e despois dunha hora longa de conversa, chegamos ás seguintes conclusións:
- Reunírmonos unha vez ao mes. A próxima reunión será o luns 2 de xuño ás 5 da tarde no CFR de Ferrol
- Reunírmonos unha tarde para irnos poñendo ao día nesto das novas tecnoloxías.
- Redacción dun escrito para enviar á Dirección Xeral, á Asesoría de Bibliotecas Escolares e ao CFR de Ferrol no que queremos reivindicar:
- A asesoría de Bibliotecas Escolares no CFR de Ferrol
- O recoñecemento da figura do/a Responsable da Biblioteca Escolar no ROC.
O noso desexo é que este sexa o principio dunha nova andaina positiva e enriquecedora para todas nós. Do traballo colaborativo é de onde saen as mellores experiencias.
Tamén no Segrel do Penedo e Bibliospazos
luns, 5 de maio de 2008
El Camino de la Lengua Castellana en Internet

La exposición sobre el Camino de la Lengua Castellana, que entre diciembre de 2000 y enero de 2007 recorrió ciudades españolas y otras de Bélgica, México y Brasil, ya puede recorrerse a través de Internet con una ampliación de contenidos y con carácter didáctico, ameno e interactivo.
El Camino está formado por los enclaves de San Millán de la Cogolla (La Rioja), Santo Domingo de Silos (Burgos), Valladolid, Salamanca, Ávila y Alcalá de Henares (Madrid).
El recorrido virtual por esta exposición invita a conocer este itinerario a través de monumentos, escritores (se visita la celda de Santa Teresa), plazas, claustros (los remedios de la botica de Santo Domingo de Silos), monasterios (se escucha música gregoriana), bibliotecas, libros y documentos vinculados al español, como las glosas emilianenses y silenes, la gramática de Nebrija y las portadas del Quijote en diferentes idiomas.
La exposición virtual incluye un juego para valorar nuestro conocimiento sobre el Camino de la Lengua Castellana a través de preguntas generales y de identificar los monumentos de cada hito y los personajes con sus obras literarias.
(Vía Revista Ñ)
sábado, 3 de maio de 2008
Xa levamos 1 ano na blogosfera...
... e prometemos seguir informando e formando desde a biblioteca do IES Fernando Esquío!
Grazas a todos os que nos visitades, polo voso apoio, suxestións, críticas e comentarios, sen vós non poderiamos seguir adiante!