martes, 22 de marzo de 2011

La Primavera de los Poetas "Le Printemps des Poètes"



Todos los años, en marzo, Francia celebra la gran fiesta de la Poesía. Por la calle, poetas profesionales o aficionados leen sus obras. En los colegios e institutos se organizan concursos de escritura y de lectura de poesía. En la televisión, en la radio, personajes famosos también participan leyendo algunos de los poemas que más les gustan.
Este año, esta celebración empezó el 7 de marzo y durará hasta el 21. El tema general es : los viajes, los paisajes y Ultramar. Es decir, todas las obras giran alrededor del mundo de los viajes (reales o imaginarios) y de los paisajes de los territorios de Ultramar.
Os invito a visitar la web oficial de la Primavera de los Poetas y a bucear en ella para encontrar vuestro "poema". Y ¿por qué no? animaros a escribir algunos versos y publicarlos en nuestro Blog.

luns, 21 de marzo de 2011

Día de la poesía con Japón


«La diversidad poética nos brinda otra manera de dialogar. Nos permite descubrir que todos y cada uno de nosotros, en cualquier punto de la Tierra, compartimos los mismos interrogantes y sentimientos. Es una faceta de nuestra libertad, es nuestra humanidad. Por eso la poesía debe ocupar el lugar que le corresponde en los programas de educación de calidad. Mediante al acceso a la poética del mundo entero, los jóvenes pueden disponer de un vector más, diferente, sutil y fluido, para mejorar su conocimiento y comprensión del prójimo. El descubrimiento de un nuevo poema constituye un acto de inmersión en la lengua, pero también en la emoción y la sensibilidad del otro, por más distante que se encuentre en términos geográficos.»

Mensaje de la Directora General de la UNESCO,
con motivo del Día Mundial de la Poesía, 21 de marzo de 2010.


Hoy nos acercaremos al ejemplo poético japonés más conocido: el haiku. Disfrutemos con su delicadeza y acordémonos de este pueblo en un momento tan crítico.

venres, 18 de marzo de 2011

Do you speak English?

Preparando as saídas extraescolares dos alumnos do centro, acordeime da viaxe de estudos en Alemaña e en Francia... Sempre é importante para os nosos alumnos facer as visitas guiadas como os de Alemaña cando visitaron o Banco Central Europeo, A Bolsa, o Museo do Diñeiro do Deustche Bundesbank, ou o Louvre, Eurodisney...pero o que lles resultou revelador foi que tiñan que facerse entender noutra lingua distinta á propia.

Marabillosa función das viaxes escolares!


xoves, 17 de marzo de 2011

Para que preciso saber química?


7:30 da mañá.
Soa o espertador. É un modelo dixital cun corazon de cuarzo e con pantalla de cristal líquido.
Érgome e emprego un xel na ducha e un desodorante en aerosol.
A roupa que me poño é de fibra natural coloreada (a maioría das fibras son brancas) tratada para que se engurre pouco. O meu calzado é de goretex, un tecido artificial sorprendente, e a sola é de coiro tratado para facelo máis resistente.
No almorzo tomo un leite desnatado (hai que manter a liña o colesterol e o peso) uperisado e homoxeneizado cunha torrada de pan (feito con masa fermentada de fariña e auga) e unha pílula de paracetamol (teño unha lixeira dor de cabeza).
Lavo a louza sucia do almorzo cun deterxente líquido e emprego un estropallo de fibra verde sintética.
Subo no meu coche, feito de aliaxe metálica (resistente e lixeira) que no interior ten variados materiais plásticos, que vai soportado por pneumáticos (mestura dunha rede metálica e un caucho , que pode ser a partir de látex natural vulcanizado ou sintético) e que consume un destilado de petróleo ó que se lle engadiron algúns produtos para darlle cor (para distinguilo dos outros derivados) e facer que no motor renda a enerxía con máis eficacia.
Non hai unha hora que espertei e xa empreguei unha morea de cousas que non serían posibles sen a química.
Segundo parece estamos no Ano Internacional da Química. E eu penso que a nosa vida é pura química. Vivimos rodeados de produtos químicos, nos somos unha mestura de substancias químicas que están a reaccionar de xeito continuo, que xa reaccionaban antes de nos nacer, e que reaccionaran cando deixemos de existir.
Odiamos a química cando dicimos iso de que os produtos químicos contaminan os océanos e nos envelenan. Pero cando queremos que a nosa horta produza os mellores froitos non dubidamos en empregar abonos e pesticidas. Danos igual que as pilas dos nosos trebellos electrónicos contaminen ou non, queremos que duren. A nosa roupa ten que ter cor, ser boa de lavar e que non se enrugue nin encolla ó lavala. E xa non digamos se estamos enfermos, queremos medicinas que nos sanen, pero xa. De feito, o abuso dos medicamentos é un problema sanitario grave.
A química é a nosa compañeira de viaxe dende hai moitos séculos. Ningún avance da humanidade lle foi alleo. E sen ela nin podemos nin sabemos vivir.
Para rematar unha versión dunha coñecida poesía de G. A. Becquer
¿Qué es química?, dices mientras clavas
En mi pupila tu pupila azul.
¡Qué es química! ¿Y tú me lo preguntas?
Química eres tú.
Y añado, aunque te sorprendas,
¡Y todo lo que te rodea, tú!
Podemos ignorala, odiala, darlle a espalda ou amala. Á química dalle igual e vai seguir ahí. E nosoutros, como ciudadanos, debemos saber o que estamos facendo e usar con responsabilidade todos os produtos e materiais que a química pon a nosa disposición. E elixir con criterio, información e sentido común. E se non o facemos así, tarde ou cedo sufriremos as consecuencias.
Saúdos a todos.
(E disculpas a Becquer e ós que lles gusta a poesía polo abuso).

Imprimir

mércores, 16 de marzo de 2011

Corto Maltés no Fesquío


Tras o éxito da exposición sobre o cómic e a petición de completar a serie de
Corto Maltés, aquí a tedes.
Próximamente faremos entrega dos premiados pola vosa participación
no concurso de banda deseñada.
Norabóa e a seguir participando!