A Ponte do Porco,
que atravesa o río Lambre e conecta os concellos de Miño e Paderne, debe o seu
nome á historia de Roxín Roxal, unha lenda medieval galega ben coñecida no
norte da Coruña, especialmente na comarca do Eume, que narra un tráxico
episodio protagonizado por un doncel ao servizo da casa dos Andrade, señores de
Pontedeume. Este relato, transmitido oralmente de xeración en xeración, foi
recollido e reformulado por literatos como Benito Vicetto, Uxío Novoneyra ou
Leandro Carré Alvarellos.Precisamente a
través da obra deste último chegou ata un noviño Manel Cráneo que ficou
enfeitizado coas andainas do intrépido escudeiro e que agora, anos despois, une
forzas coas do debutante Brais Fierro para tentar levalas á banda deseñada.
Hoxe cumpre 97 anos David Attenborough, o naturalista dos documentais da BBC e unha icona da defensa da vida salvaxe. Descobre os curiosos seres que levan o seu nome, e outros coñecidos personaxes que tamén fixeron moito pola natureza... seguir lendo en OpenMind.
O Consello da
Xunta aprobou hoxe o cambio de denominación dos Premios de Excelencia Académica
ao alumnado de grao das universidades do Sistema Universitario de Galicia, co
fin de que estes galardóns rendan homenaxe á mestra ferrolá Ángela Ruiz Robles.
Nacida no ano
1895 en Villamanín (León), Ángela Ruiz Robles trasladouse en 1918 a Ferrol logo
de gañar por oposición unha praza de mestra nacional, onde se estableceu para o
resto da súa vida. Foi docente e directora de varias escolas, como a de nenas
no Hospicio de Ferrol ou o Instituto Ibáñez Martín. Así mesmo, fundou a
Academia Elmaca na que desenvolveu un labor pedagóxico e social que lle valeu a
concesión en 1947 da Cruz de Alfonso X o Sabio, por accións como impartir
clases nocturnas gratuítas ás persoas con poucos recursos.
Foi unha pioneira
no eido do ensino e, en especial, na invención dunha enciclopedia mecánica,
cuxa patente rexistrou en 1949, e que está considerada o antecedente do libro
electrónico. O primeiro prototipo, construído en 1962, deu como resultado un
artefacto que permitía, entre outras funcións, formar palabras, oracións e
textos a partir da interacción de teclas e dispositivos distribuídos nunha
especie de caixa. Ademais de leccións de gramática, cálculo, inglés e francés,
era posible a lectura en horizontal e vertical e a inclusión de máis temas.
Ademais deste
carácter innovador, na súa traxectoria docente, Ángela Ruiz Robles
caracterizouse por unha vocación de servicio desinteresado e comprometida cos
seus alumnos e a súa comunidade. Deu moita importancia ao ensino de idiomas, a
aprendizaxe intuitivo, o uso de ilustracións e outros recursos docentes
novidosos para o seu tempo. Ademais do seu labor como docente e como inventora,
escribiu 16 libros dedicados á educación e a pedagoxía centrados no obxectivo
de facer o ensino máis áxil e interactivo.
Aos 40 anos Franz Kafka (1883-1924) que nunca casou e non tiña fillos, paseaba polo parque de Berlín cando coñeceu a unha pequena que choraba, porque perdera a súa boneca favorita. Ela e Kafka buscaron a boneca sen éxito.Kafka díxolle que o recoñecese alí ao día seguinte porque volverían buscala.
Ao día seguinte, cando aínda non atoparan a boneca Kafka deulle á nena unha carta " escrita " pola boneca, que dicía: " por favor non chores. Fixen unha viaxe para ver o mundo escribireiche sobre as miñas aventuras."
Así comezou unha historia que continuou ata o final da vida de Kafka.
Durante as súas reunións, Kafka lía as cartas da boneca, escritas coidadosamente con aventuras e conversacións que a infanta atopaba adorables.
Por último, Kafka tróuxolle a boneca (comprou unha) que volvera a Berlín.
"non se parece en absoluto á miña boneca", dixo a diminuta mulleriña". Kafka entregoulle outra carta na que a boneca escribiu: "as miñas viaxes cambiáronme" a moza abrazou á nova boneca e levouna toda feliz a casa.
Das cartas xurdíu a obra da imaxe, preme nela para acceder á biblioteca.
Un ano despois, Kafka morreu.
Moitos anos máis tarde, a moza xa adulta atopou unha carta dentro da boneca. Na pequena carta asinada por Kafka dicía:
"todo o que amas probablemente pérdase, pero ao final o amor volverá doutra maneira."
Lo llamaban
Fierro. Y era mentira. La verdad era su pasado y el pasado, una condena que
prefería olvidar. No tenía nada, ni siquiera futuro. Por eso vivía en la
frontera, un pedazo incierto de tierra olvidado por todos, un lugar maldito
donde moros y cristianos sembraban muerte a su antojo. Su único consuelo eran
las colmenas. A ella, perdida en aquel amargo pasado, siempre le gustó la miel.
Ahora ese pasado cabalga de nuevo hacia él; con la espada al cinto, dispuesto a
atormentarlo. Una vez más. Y, cuando su antiguo compañero de armas lo
encuentra, sabe que no tiene escapatoria. La guerra se cruza de nuevo en su
camino. Se prepara la batalla más grande jamás contada y él marcará la ruta. Lo
hará por una única razón: ella. Como antes, como siempre, él será el atajador
de los ejércitos de Castilla. Y su única esperanza estará en manos de un
enemigo…
Ésta es la historia de un hombre; uno cansado, blasfemo y solitario.
Un hombre acabado, sin esperanza y, pese a todo, un valiente. Un atajador en la
frontera, en tiempos de la Reconquista. Recordarás su nombre.
Ten flores verdes, ás veces amarelas, e unhas froitas vermellas que se comen. Sempre lle pregunto cando me vou a curar, para non ir máis ao hospital. As follas abanean co vento... parecen dicir: Axiña..., axiña!
Nunha nova mostra do seu compromiso cos temas sociais, OQO editora publica o terceiro título de Qontextos, colección na que repite Antón Fortes. O autor galego abriu con Fume esta serie que, desde unha perspectiva solidaria, pretende contribuír á educación en valores e invitar á colaboración para mellorar as condicións da poboación infantil máis desfavorecida.
Neste álbum abórdase o grave problema dasida enGuinea Bissau, que afecta unha alta porcentaxe da poboación infantil. Este país africano é un dos que rexistra maior subdesenvolvemento de todo o mundo. Por este motivo, enfermidades infecciosas ou de transmisión sexual quedan sen tratar, o que provoca que se agraven e cheguen a producir a morte. A mortalidade infantil, causada por esta desatención en saúde, é moi elevada no país: de cada mil nados vivos, 105 bebés morren antes de cumprir un ano.
OQO editora contou neste álbum coa colaboración daAsemblea de Cooperación pola Paz, que traballa neste país co Ministerio de Saúde e as comunidades locais en proxectos para a construción e dotación de infraestruturas sanitarias, a formación de persoal cualificado e a sensibilización social sobre a importancia da saúde. O autor cedeulle os dereitos do libro a esta ONG para a ONGD Creart.
EnÁ sombra dos anacardioshai lugar para a esperanza. En pleno entroido de Bissau, na vida da pequena protagonista fai acto de presenza a máscara da morte e con ela o medo. No entanto, esta terrible figura é contrarrestada cos coidados e alento do doutor Vieira.
Francisco
Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo
cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra.
Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos encamiñados a recuperar a
presenza do galego como lingua de cultura nunha sorte de «segundo
Rexurdimento», durante gran parte da súa longa vida foi o alicerce ao redor do
que se artellou o traballo conxunto entre os intelectuais do exilio, os que
permaneceron no país tras a contenda e as novas xeracións de galeguistas que
van xurdindo malia o difícil contexto da ditadura franquista. Entre as súas
iniciativas salienta a de crear en 1963 o Día das Letras Galegas, unha data en
que conmemorar e celebrar a lingua, a literatura e a cultura de noso. Sesenta
anos despois o propio don Paco é a figura homenaxeada nesta efeméride.