martes, 5 de marzo de 2024

8 de marzo: Mulleres que foron donas de sí

 
Preme na imaxe para velas

Polo 8 de marzo falamos en positivo das mulleres que foron donas de sí e superaron a fenda de xénero aínda que con antrancos.

Podedes disfrutar da exposición e descubrir as súas obras grazas ao traballo do equipo de biblioteca do CFPI Ferrolterra e a Juan Casal que nola cedeu.

No boletín da exposición podedes atopar as mulleres que se describen e se son correctos na biblioteca vos entregarán as pegatinas das mulleres.

luns, 4 de marzo de 2024

Solución ao concurso E tí... de quen ves sendo? Edición 2024

Premede na imaxe para anpliala e disfrutade na galería coas imaxes reais das personaxes.

Moitas grazas ao alumnado por participar e ao profesorado...

pois sen moitas destas personaxes non teríamos o nivel de avance científico, democrático e de igualdade que disfrutamos hoxe en día no mundo occidental.
Ese era o noso obxectivo: que coñecérades ou investigárades quen foron e o que lles debemos, ademáis de disfrutar con algún deles...
Os premios aos gañadores se entregarán o venres 8 no 2º recreo na biblioteca, no Día da Muller, unha data moi sinalada que lembramos coa figura de tantas mulleres da exposición.

martes, 27 de febreiro de 2024

Que personaxes históricos naceron no teu concello?

A Real Academia da Historia recompilou máis de 50 000 personaxes nun mapa interactivo que permite coñecer datos sobre o nacemento e o falecemento de personaxes ilustres, así como de acontecementos históricos.

Cada un dos nomes e dos feitos históricos que aparecen no mapa interactivo, denominado Historia Hispánica, están enlazados a unha páxina externa na que se pode consultar a biografía e o itinerario de vida de cada personaxe, ou ben a descrición do fito.

Non te quedes sen coñecer a historia que te rodea!



luns, 26 de febreiro de 2024

Cúmprense 75 anos do pasamento da primeira avogada italiana, Lidia Poët

Lidia Poët foi a primeira avogada de Italia. Graduouse en xuño de 1881 e, en 1883, inscribiuse no Colexio de Avogados. Non obstante, cando apenas comezara a desenvolver o seu labor, anularon a súa inscrición polo feito de ser muller. Pero isto non fixo que Lidia renunciara á súa profesión, senón que se uniu ao despacho de avogados do seu irmán e defendeu a nenos, mulleres e marxinados. Ademais, loitou pola igualdade de xénero e defendeu firmemente o dereito ao sufraxio feminino.

No 1919 permitiuse ás mulleres acceder a cargos públicos polo que, 36 anos despois de ter sido inhabilitada, Lidia Poët foi admitida de novo na Orde de Avogados e Fiscais de Turín e, aos 65 anos, cnverteuse oficialmente na primeira muller avogada de Italia.

domingo, 25 de febreiro de 2024

Planeta Rosalía

Co adaxo da celebración dos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos a Universidade de Vigo e a Fundación Rosalía de Castro promoveron unha iniciativa para traducir ao máximo de linguas posibles dous dos poemas máis coñecidos desta obra: “Airiños, airiños aires” e “Adiós ríos, adiós fontes”.

Con estas traducións, calquera de nós pode ler, gozar e agasallar aos amigos e amigas de fóra, pero tamén queremos facer un chamamento a tradutores de todo o mundo para que “asúen” estes dous poemas a cadansúas linguas.
Fomos publicando cada novo idioma segundo nos foron chegando, ata o 15 de setembro, e logo do remate do 10 aniversario decidimos continuar co proxecto, pois seguen a chegar traducións desde moitas partes do planeta. Puidemos (e aínda podedes) descargar en carteis e pendurar por rúas, centros educativos e lugares de traballo todas estas traducións. En Vigo engalanamos todas as rúas do Casco Vello, onde se imprimiron os Cantares por vez primeira, o 17 de maio de 1863, e así viandantes e turistas puideron levar cadansúa tradución.
Premede na cabeceira para coñecer a iniciativa.

venres, 23 de febreiro de 2024

Día de Rosalía

 

No Día de Rosalía queremos cantala, así que premede na imaxe 
para escoitar os seus poemas en Son de poetas, ou se preferides, 
podedes escoitar a Amancio Prada cos poemas da nosa poeta nacional.

Viva Rosalía no seu día e todo o ano!