martes, 16 de abril de 2024

Libros curiosos para o mes do Libro e a Lectura: 11 cosas que podrías hacer en lugar de mirar el móvil


 Pasamos preto de 4 horas e media ao día mirando o móbil. Sabes que outras cousas poderías facer con ese tempo?: 

- Organizar o teu propio Festival de Eurovisión en casa. 
- Montar o teu propio herbario. 
- Practicar o urban sketching. 
- Apuntarche ao self-care e crear os teus propios potingues de beleza. 
- Aprender lingua de signos. 
- Descubrir os trucos de supervivencia indispensables para sobrevivir á apocalipse.

Estas son só algunhas das 111 ideas que atoparás neste libro. Propostas que che axudarán a cultivar a creatividade, a gozar máis e mellor do teu tempo libre e, por encima de todo, a lembrar o marabilloso que era o mundo cando non tiñas que cargar a batería para seguir gozando del.

Non o deixes escapar, divértete e comparte o que aprendas!

luns, 15 de abril de 2024

Porque gústanos a arte!


 

Día Mundial da Arte

Desde o ano 2012, o 15 de abril conmemórase o Día Mundial da Arte, unha celebración que busca dar a coñecer a importancia que ten a arte e, sobre todo, o pensamento creativo na evolución do pensamento humano. Estableceuse esta data porque o 15 de abril é o aniversario do nacemento de Leonardo da Vinci, un dos maiores artistas da humanidade.


Se queres aprender sobre arte, consulta o noso catálogo e 
bótalle unha ollada ás nosas recomendacións!

venres, 12 de abril de 2024

Libros curiosos para o mes do Libro e a Lectura: Romeo y/o Julieta : Una tragi/comedia interactiva


¿Y si Romeo nunca conociera a Julieta? 
¿Y si Julieta se dedicase a mazarse en lugar de a ir llorando por los rincones? 
¿Y si los dos se aliasen para conquistar Verona con trajes robot? 

Esta versión interactiva de Romeo y Julieta (llena de divertidos acertijos, secretos y mogollón de tramas distintas) te deja escoger la dirección del argumento cada vez que la lees. Puedes contar la historia como Romeo, como Julieta o como ambos. ¡Hasta puedes desbloquear narradores adicionales! Así es: nos las hemos apañado para incluir personajes desbloqueables a un libro. Por supuesto, también puedes escoger seguir el argumento tradicional de la obra... pero eso sería muy poco creativo por tu parte, ¿no crees?

Para disfrutar este fin de semana, o no?

mércores, 10 de abril de 2024

Xeolodía 2024

Xeolodía é unha iniciativa de divulgación na que se realizan excursións xeolóxicas de campo guiadas por xeólogos e xeólogas, gratuítas e abertas a todos os públicos.

O Xeolodía deste ano, na provincia da Coruña terá lugar en Monfero o sábado 11 de maio, da man do doutor en xeoloxía Francisco Canosa. A inscrición estará aberta do 27 de abril ao 4 de maio. Non perdas a túa praza!

Toda a información aquí.



martes, 9 de abril de 2024

Libros curiosos para o mes do Libro e a Lectura: El increíble viaje de Alexander von Humboldt al corazón de la naturaleza

preme na imaxe para acceder ao catálogo

 Alexander Humboldt foi un intrépido explorador e o científico máis famoso da súa época. A súa axitada vida estivo repleta de aventuras e descubrimentos: escalou os volcáns máis altos do mundo, remou polo Orinoco e percorreu unha Siberia inzada de ántrax. Capaz de percibir a natureza como unha forza global interconectada, Humboldt descubriu similitudes entre distintas zonas climáticas de todo o mundo, e previu o perigo dun cambio climático provocado polo home. Neste precioso libro ilustrado recóllese a historia da súa viaxe ao corazón da natureza.

luns, 8 de abril de 2024

Olimpiada Cultural VI ed.

Hoxe comezamos a VI edición da nosa Olimpiada Cultural, esperamos que todos os participantes, 41 parellas, disfruten das preguntas e probas que terán que realizar. 

Desde a pandemia realizamos esta actividade na Aula Virtual do centro, así hai constancia das entregas en forma e data das solucións, e logo as colgamos no site específico para que todos vexades as probas ás que tiveron que responder os grupos. Podedes consultala premendo no icono da Olimpiada ou lendo o QR.


Esperamos que o concurso se desarrolle con limpeza e deportividade como os anos precedentes.

Boa sorte e adiante!