venres, 3 de maio de 2024

Polas Letras Galegas 2024: Luisa Villalta


Firme defensora da lingua como piar da nosa identidade e comprometida con todos os colectivos que loitan e traballan pola dignidade do pobo galego, foi unha autora que renovou as nosas letras ao explorar a relación entre a música e a literatura e facernos “pensar o mundo”.

Selección de poemas desde o IES Isaac Díaz Pardo onde Luisa Villalta foi profesora. 

Na semana das Letras Galegas recibiredes un marcapáxinas conmemorativo.

xoves, 2 de maio de 2024

Día da Ciencia na Rúa




O próximo sábado 4 de maio, o Parque de Santa Margarida da Coruña acollerá unha nova edición do Día da Ciencia na Rúa, na que 54 centros educativos de diversas localidades galegas amosarán actividades de bioloxía, tecnoloxía, matemáticas e física para todos os públicos. Xunto eles, persoal de entidades da investigación e divulgación presentarán unha ampla programación para toda a cidadanía e haberá actividades paralelas na contorna do edificio da Casa das Ciencias. Nos Museos Científicos Coruñeses haberá tamén xornada de portas abertas.
Tedes toda a información do evento neste enlace.

mércores, 1 de maio de 2024

Novidade: ¡Basta! Guía de autodefensa feminista para adolescentes (y más...)

preme na imaxe

Ser mujer en esta sociedad implica enfrentarse regularmente a comportamientos machistas. ¿Cómo identificar y afrontar esas conductas? En este cómic las adolescentes (y más…) encontrarán un conjunto de técnicas para sentirse más preparadas, libres y seguras: posturas corporales, defensa verbal, el giro de ciento ochenta grados, la intervención paradójica, la defensa física… En definitiva, diferentes herramientas para ayudarles a sentirse más libres y seguras, tanto en los espacios públicos como en la esfera privada.


martes, 30 de abril de 2024

2024 Boletín de abril chegando a maio: Mes do Libro e a Lectura


No mes do Libro e a Lectura: Luisa Villalta

 

"Silencio me chaman porque neste tempo en que vivo non se me escoita”. 

Así comeza As chaves do tempo, o texto de Luísa Villalta publicado en 2001 por Promocións Culturais Galegas. A narración arranca “nos tempos en que había reis na Galiza” e chega ao presente desenvolvendo unha trama en que o amor, a lealdade, o medo, a ambición, a submisión, a traizón, a censura, as falsas noticias e, tamén, as arelas de concordia e de xustiza son elementos que marcan os protagonistas da historia a nivel particular mais que se proxectan tamén a nivel social e político desde aquel tempo pasado a este en que habitamos. 

As chaves de que nos fala Luísa Villalta, feitas polo propio Merlín, só serven para abrir, nunca para fechar. Son chaves coas que poderemos abrir máis futuro para a lingua ou para un aproveitamento racional dos nosos recursos; para o desenvolvemento industrial e para a produción ecolóxica; para a diversidade sexual ou o empoderamento das mulleres.

Se queredes saber o que temos na nosa biblioteca da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024, premede na portada.

luns, 29 de abril de 2024

Libros curiosos para o mes do Libro e a Lectura: A volta ao mundo en 80 instrumentos musicais

 

preme na imaxe


Neste libro atoparás instrumentos de todos os recunchos do mundo, desde os máis sinxelos e antigos ata os máis modernos e delirantes. Descobre as distintas familias de instrumentos musicais, aprende en que circunstancias úsanse e inspírache para crear instrumentos novos. Atrévesche? Música, mestre!

venres, 26 de abril de 2024

Libros curiosos no Mes do Libro e a Lectura: Sabelotod@s

 

Premede na imaxe para velos todos

Grazas á xenerosidade da biblioteca do CIFP Ferrolterra dispoñemos de máis fondos biográficos de personaxes moi relevantes do mundo da cultura e a ciencia. Botádelle unha ollada e atoparedes moitas curiosidades nas súas vidas.

xoves, 25 de abril de 2024

No Mes do Libro e a Lectura: Exlibris


Hoxe en día non se empregan os Exlibris nos libros, se queredes ver algúns curiosos só tedes que ir a unha biblioteca histórica e velos nos fondos antigos

via GIPHY