mércores, 31 de maio de 2023

Recomendacións de lectura tamén no verán

Como todos os anos, cada vez que nos achegamos a estas datas non podemos deixar de facer unha pequena escolla daquelas obras que nos gustaría ler e, como non pode ser doutro xeito, compartilas por se alguén se anima. Todas as propostas teñen un enlace coa editorial por se precisades máis información, nos esperamos contar con as que no temos próximamente. Se premedes na imaxe ou aquí podedes botarlle unha visual ao pdf que contén os enlaces.

luns, 29 de maio de 2023

Letras Galegas: Colaboradores Erasmus


Polas Letras Galegas quixemos agasallar aos rapaces que colaboraron con nos na visita que tivemos do profesorado e alumnado Erasmus de Alemaña, Gales e Turquía no mes de xaneiro.
Rodrigo e Ainara por prestar as súas voces nas cantigas de Fernán Esquío, Daniel e Iván por amenizar o xantar dos visitantes no grupo de rock, e a Carmen e Gabriela por darnos a todos unha clase maxistral de gaita galega e pandereta un descobremento para os profes visitantes.

Moitas grazas a todos polo esforzo, interese e disposición. 

O agasallo consistíu nunha bolsa serigrafiada por Marca Negra (dirixida por un dos nosos exalumnos Víctor Pico) coa imaxe do noso trobador favorito, imaxe cedida polo Concello; e o boletín coas cantigas en versión bilíngüe (galego orixinal e inglés) para que todos os visitantes puideran entendela e coas voces de Ainara e Rodrigo en qr. A tradución ao inglés tamén nola fixo unha das nosas exalumnas avantaxadas, traductora profesional Iria Pita.

venres, 26 de maio de 2023

ExpOtaku 2023

Como os anos anteriores os alumnos dos diversos clubs de lectura e obradoiro de origami asistimos ao ExpOtaku na Coruña, como veredes na galería de fotos, pasámolo moi ben.

martes, 23 de maio de 2023

Agochado no andel: Odessa y el mundo secreto de los libros

 


¿No sería fascinante que existiera una ciudad habitada por famosos escritores y en la que el mundo que encierran los libros cobrara vida? La joven Odessa viaja a Scribópolis, la ciudad donde viven Shakespeare, Kafka, Dostoievski, Hamlet o el Minotauro, ­esperando encontrar en ella a su padre, al cual no conoce. Allí se verá amenazada por Mabarak, un siniestro escritor que fue desterrado y que quiere apoderarse a toda costa de Librus, un libro mágico donde todo lo que se escribe sucede en la realidad. 

En esta fascinante aventura, Odessa se enfrentará a grandes peligros e irá descubriendo los secretos que encierra esta misteriosa ciudad de los libros.

luns, 22 de maio de 2023

Visita de autores: Francisco Narla e Fierro


Hoxe pola tarde tivemos o pracer de conversar con Francisco Narla sobre Fierro e o resto da súa obra. Parte dos membros do club de lectura de adultos xuntámonos con representantes do club de lectura do CIP A Xunqueira de Fene para comentar có autor a novela Fierro, ambientada na época da reconquista, narra as aventuras dun "ataxador", un personaxe escaldado da vida, que non ten nada que perder porque xa o perdera todo, que se ve envolto nunha campaña bélica de moros contra cristiáns nunha zona onde as escaramuzas eran cotiás: o sitio de Alarcos, a batalla das Navas de Tolosa compoñen o escenario onde Fierro e o seu fiel can buscan a vinganza.
O autor descubríunos "trucos de costureira" no xeito de falar, ou máis ben, blasfemar do protagonista; os elementos de construcción da novela e do resto da súa producción literaria. Leunos o inicio da última das súas novelas Breo, e a súa querencia coa novela histórica: se non coñecemos a propia historia non podemos respetarnos nin construir un futuro.
Todo un pracer grazas a Lucía Prieto que nos propuxo a lectura e facilitounos o encontro có autor.

domingo, 21 de maio de 2023

Palabra do día: Desacougo

 


“Tras de min quedan as pegadas dunha longa etapa de desacougos e de ilusións.” (Francisco Fernández del Riego: ‘O río do tempo. Unha historia vivida’, 1990)

venres, 19 de maio de 2023

Agochado no andel: Fabricante de lágrimas

En el orfanato en el que Nica creció, siempre se han contado historias y leyendas a la luz de la vela. La más famosa de todas es la del fabricante de lágrimas, un misterioso artesano culpable de haber forjado todos los miedos y las angustias que habitan en los corazones del ser humano. Para Nica ya es hora de dejar atrás los cuentos de la infancia y vivir lo que para ella es un sueño hecho realidad: ser adoptada. Pero no cumplirá su sueño sola ya que la familia adoptiva acogerá también a Rigel, un niño de rostro angelical pero que oculta algo oscuro en su ser. Aunque ambos compartan un pasado en común, la convivencia entre ellos parece imposible. Sobre todo, cuando la leyenda vuelve a aparecer en sus vidas y el fabricante de lágrimas se convierte en algo muy real.

Fabricante de lágrimas es una dark romance trepidante y adictiva que deja huella.

Comezar a ler.