Un curso máis, a Biblioteca e o EDLG convocamos o concurso de microrrelatos de Samaín. Tedes as bases de participación neste enlace.
Agardamos con ansia os vosos arrepiantes relatos. Haberá premios para as mellores historias terroríficas!
Un curso máis, a Biblioteca e o EDLG convocamos o concurso de microrrelatos de Samaín. Tedes as bases de participación neste enlace.
Agardamos con ansia os vosos arrepiantes relatos. Haberá premios para as mellores historias terroríficas!
O escritor leonés Julio Llamazares foi galardoado co Premio Nacional de Narrativa 2026 pola súa obra El viaje de mi padre, unha novela que invita a reflexionar sobre o paso do tempo e os vínculos xeracionais. Nela, o autor refixo os pasos que tivo que dar o seu pai durante a Guerra Civil, participando nalgunhas das peores batallas, como a de Teruel e a de Levante. En palabras do propio escritor, trátase dunha "homenaxe a todos aqueles rapaces que perderona vida, a xuventude e a inocencia nun momento tráxico da historia".
Este curso traemos unha novidade que esperamos que vos guste: o pasaporte cultural. Trátase dun documento persoal que serve para rexistrar a vosa participación en diversas actividades culturais ao longo do curso, tanto dentro como fóra do IES: visita a museos, recensións de películas, booktrailers, participación en concursos e actividades do centro, etc. É válido para a ESO e o Bacharelato. Aqueles alumnos/as que completedes o pasaporte, recibiredes un premio a final de curso.
Poderedes adquirir o pasaporte entre o 1 e o 15 de outubro. Animádevos a participar!!
Aquí tedes explicado en detalle como funciona o pasaporte.
Deixámosvos a continuación as actividades pasaportables do primeiro trimestre (outubro, novembro e decembro):
Un día coma hoxe, en 1964, Quino comezou a publicar a tira de Mafalda na revista Primera Plana. A obra de Quino inmortalizou a unha nena famosa polas súas preguntas sobre a paz, a política e a humanidade, sempre cargadas de ironía. A día de hoxe, a voz desa nena segue tan vixente coma o primeiro día.
Parabéns, Madalda!
Mañá celébrase en Ferrol a G-Night, a Noite Galega das Persoas Investigadoras, un evento de divulgación científica que ofrece actividades gratuítas nas que investigadores e investigadoras das universidades galegas e dos diferentes organismos de investigación participantes achegarán o seu traballo á cidadanía. En concreto, en Ferrol este será o programa de actividades.
Tedes toda a información sobre a G-Night aquí.
No marco do ciclo municipal de cinema documental, este venres día 25 a partir das 20:30 horas, proxectarase na Casa da Cultura de Neda “Salvaxe, salvaxe”. Trátase dun ensaio cinematográfico que percorre as “terras do lobo” de Galicia e Portugal para explorar a relación entre as persoas, os animais, e a paisaxe que comparten. Este documental constrúe unha reflexión ao redor da vida salvaxe, a relación coa contorna, e o vínculo entre cultura e natureza.
A proposta, que atesoura numerosos recoñecementos, forma parte do “Outono das artes”, impulsado pola Deputación da Coruña, e inclúe un coloquio ao rematar a proxección coa participación do director da película. A entrada é de balde.
Toda a información aquí.
Estamos buscando alumnado voluntario para ser axudante na nosa biblioteca.
Que farás se te apuntas?:
- Participar na montaxe de exposicións.
- Axudar a coidar e a manter a orde dos libros nos andeis das estanterías.
- Recomendar libros a outros alumnos/as.
- Participar na dinamización da biblioteca.
Anímate e axúdanos!