luns, 12 de abril de 2021

Homenaxe a Clara Campoamor

Hoxe comezou a homenaxe a Clara Campoamor no Congreso dos Deputados, unha das 3 primeiras diputadas na historia española xunto a Victoria Kent e Margarita Nelken, elixidas nas eleccións de 1931 que loitaron polo voto feminino. Consiguíu o seu escaño nun momento no que as mulleres podían ser designadas para o escaño pero non podían votar.

Con este homenaxe rematará o 1 de outubro cando se celebrará o 90º aniversario da histórica votación por 161 votos a favor e 131 en contra pola que se aprobou o dereito ao voto da muller en España.


Recordemos algunhas das súas palabras:

1 «Estou tan afastada do fascismo como do comunismo, son liberal»

2 «A liberdade apréndese exercéndoa»

3 «Ante todo son humanista»

4 «A vitoria total, completa, esmagadora dun bando sobre o outro, cargará ao vencedor coa responsabilidade de todos os erros cometidos e proporcionará ao vencido a base da futura propaganda, tanto dentro como fóra das nosas fronteiras»

5 «República, república sempre, a forma de goberno máis conforme coa evolución natural dos pobos»

6 «Defendín en Cortes Constituíntes os dereitos femininos, deber  indeclinable de muller que non pode traizoar ao seu sexo»

7 «Resolvede o que queirades, pero afrontando a responsabilidade de dar entrada a esa metade do xénero humano en política, para que a política sexa cousa de dúas»

8 «O feminismo é unha protesta  valerosa de todo un sexo contra a positiva diminución da súa personalidade»

9 «A división tan sinxela como falaz feita polo goberno entre fascistas e demócratas para estimular ao pobo non se corresponde coa verdade»

10 «É imposible imaxinar unha muller dos tempos modernos que, como principio básico de individualidade, non aspire á liberdade»


Ningún comentario :