venres, 23 de abril de 2021

Novidades: Un agasallo neste día Saga El arco de la guadaña

Se es deses que temen a tecnoloxía, que desconfían do big data e todas esas cousas que non sabemos moi ben que son pero que tan ameazadoras parecen, déixanos dicirche que che equivocas. O mellor que podería pasar é que a tecnoloxía tomase o mando.

Así sucedeu no futuro no que viven Rowan e Citra; un futuro controlado pola intelixencia artificial do Nimbo, onde non existen os gobernos, nin as guerras, nin a pobreza… nin a morte.

Antes, as persoas morrían por causas naturais. Existían asasinos invisibles chamados enfermidades, o envellecemento era irreversible e producíanse accidentes dos que non se podía regresar. Agora, todo iso quedou atrás e só perdura unha verdade moi simple: a xente ten que morrer. E esa é a tarefa dos segadores. Porque nun futuro onde a humanidade controla a morte, quen decide cando e como sementala?

Esta triloxía forma parte xa da series máxicas que vermos na pantalla non moi tarde, vos deixamos aquí as palabras de Neal Shusterman cando recibeu o Premio Templi pola súa 2º entrega da saga:

Ler a reseña en La devoradora de libros.

Ningún comentario :