luns, 5 de novembro de 2012

Leonardo interactivo




En xuño de 2010, o mundo dixital falou: ante a pregunta de cal desexarían que fose a próxima obra da Biblioteca Nacional que se sometera a un proceso de dixitalización -tras O Quijote, cuxo contido virtual se lanzou en outubro de 2010, e que dende entón leva acumuladas 2.300.000 visitas-, os usuarios de Facebook (125.000 seguen á institución) votaron polos Códices Madrid I e II, nos que Leonardo da Vinci recolle en textos e debuxos unha gran cantidade das súas ideas sobre xeometría e construción, así como un bo número de proxectos de enxeños mecánicos.

A valiosa obra, que foi redescuberta entre os inxentes fondos do organismo en 1964, tras 150 anos no limbo, supón o 10% da produción escrita do xenio do Renacemento. Os dous volumes, que se someteron a un exhaustivo proceso de restauración, expuxéronse hai uns meses na sede da BNE, nunha mostra que continúa dispoñible en Internet. Desde o pasado 30 de outubro tamén pódese acceder a el a través das redes sociais tanto dende ordenadores como terminais móbiles.

Leonardo interactivo ademais de visionar as obras tamén tes acceso aos xogos!




Ningún comentario :