Unha das nosas escritoras de cabeceira Laura Gallego, acaba de obter o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2012
pola súa obra "Donde los árboles cantan".
O galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura
e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das
linguas oficiais do Estado e editada en España durante 2011.
En declaracións á prensa, a autora afirmou que este "é un libro moi Laura Gallego, é unha historia moi tenra que reúne moitos elementos que a min me gustan e que son habituais nas miñas obras: época medieval, natureza, fantasía, amor e un xograr, que tamén é moi meu, porque me gusta que nas miñas historias teñan personaxes que conten outras historias".

Se queredes podedes darlle a norabóa na súa páxina web.
Ningún comentario :
Publicar un comentario