O día da primeira publicación de Mafalda foi o 29 de setembro de 1964 na revista Primera Plana. Para Quino é o día do nacemento de Mafalda como personaxe de historieta.
Calquera outro cálculo de aniversario é incorrecto.
O mal entendido débese a que nunha tira do propio Quino publicada (o 15 de marzo de 1966 ) no diario El Mundo tería nacido en 1960 e a que na biografía publicada (o 2 de xuño de 1968) na revista Sete Días di que naceu "na vida real" o 15 de marzo do 62. Nin unha nin outra data son de ter en conta.
Pensar nunha cronoloxía para un personaxe de historieta é difícil, Mafalda segue sendo nena e sempre será así, por iso Quino considera que o día de aniversario de Mafalda é o día da súa primeira publicación en medios gráficos, 29 de setembro de 1964, tal día coma hoxe;
Norabóa Mafalda
Descubre na Mafalda dixital os seus álbums de fotos.
Ningún comentario :
Publicar un comentario