mércores, 13 de febreiro de 2019

Poéticas diversas: Dalí e a razón áurea




Neste mes de febreiro tan romántico de por sí, disfrutamos da exposición de Dalí e a razón áurea  grazas á nosa compañeira María José Vergara e ao seu grupo de traballo quenes no 2004 para conmemorar o centenario do nacemento de Dalí analizaron a súa obra desde o punto de vista da ciencia.
A idea xurdiu da afección das profesoras pola pintura polo que o noso punto de partida era tratar catro ou cinco temas: a proporción áurea, a xeometría, o hipercubo, a teoría da relatividade, a estrutura do ADN e as imaxes estereoscópicas. A medida que profundabamos na obra e a vida de Dalí atopámonos con que a través dos seus cadros podiamos ilustrar temas como a topología, fractales, a teoría das catástrofes, partículas elementais, enerxía nuclear e o átomo. Concretamente, os temas que se tratan nos carteis, clasificados por materias son:
  • Matemáticas: A proporción áurea; O número de ouro; A estrela pentagonal; A espiral áurea e o triángulo áureo; Xeometría proyectiva; O hipercubo; Os fractales; A teoría das catástrofes e latopología.
  • Física e Química: Mecánica cuántica; O átomo; Partículas elementais; A enerxía atómica; A teoría da relatividade e a estrutura do ADN.
  • Ilusións ópticas: Dobres imaxes e Imaxes estereoscópicas.
A exposición consta dunha parte relacionada coa música que nos non se mostrou por falta de espazo.

Os alumnos ademais de disfrutar da exposición situada na galería do centro, terán unha visita guiada coa profesora de matemáticas axudándolles a comprender os termos que se analizan con un boletín-guía.

Para coñecer a exposición ao completo se pode consultar a recensión en Divulgamat.


Ningún comentario :