mércores, 27 de febreiro de 2019

Sempre Rosalía no centro polo aniversario da autora



Producións Escentricas presentou Sempre Rosalía no centro o pasado venres 22 para homenaxear a Rosalía de Castro polo seu aniversario, o 24 de febreiro.

Xosé Lois (Diego Freire) atópase na aula facendo os primeiros esbozos da  biografía de Rosalía de Castro cando irumpe na mesma a propia Rosalía e inician un diálogo sobre a súa vida e obra. Diálogo protagonizado polos seus poemas e doutros poetas que escribiron sobre ela, como García Lorca e comentando a visión que tiñan dela.

Nesta intervención achegan ao alumnado a unha figura moi diferente á popularmente coñecida, como ela mesma lles decía "de chorona" pola dunha muller loitadora, por ela mesma e por todas as mulleres.

O obxectivo último deste espectáculo, tan cercano, é a celebración da figura de Rosalía de Castro e salientar o seu papel na nosa cultura, a pesar dos obstáculos que tivo que superar coma muller na súa época.

Moitas grazas ao Concello de Neda por ternos en conta para as súas actividades.

Ningún comentario :