xoves, 5 de marzo de 2020

Galicia Encantada celebra o 15º aniversario na Rede hoxe 5 de marzo de 2020


 Galicia Encantada (www.galiciaencantada.com), a Enciclopedia da Fantasía Popular de Galicia, celebra o 15º aniversario na Rede e neste mes nos fixamos nas figuras femininas que tanto abondan no noso imaxinario tradicional: as meigas, as fadas, mouras....

Galicia Encantada naceu para internet o 5 de marzo de 2005. Desde entón, baixo o coidado do seu creador, coordinador e responsable de contidos, Antonio Reigosa, incorporou 3.000 documentos e varios milleiros de visitas.

Nas próximas datas chegará ás librerías unha publicación conmemorativa do 15º aniversario: Guía de campo da Galicia Encantada. Dos seres míticos e dos lugares que habitan (Xerais, 2020), con ilustracións de Noemí López.

Ningún comentario :