luns, 16 de marzo de 2020

Teatro gratis en tempos de reclusión


Os afeccionados ao teatro están de parabén. A Teatroteca abre a todos os fans a posibilidade de ver en streaming 1.500 obras de teatro, completamente gratis. A Teatroteca é unha medioteca creada polo Centro de Documentación Teatral, pertencente ao Ministerio de Cultura e Deporte de España. Almacena máis de 10.000 obras de teatro e outros espectáculos escénicos, gravados desde 1976. Ata o de agora só estaban dispoñibles para profesionais e estudantes de teatro cun carné do CDT, pero a partir do 1 de febreiro 1.500 obras de teatro van ofrecer gratis a todo o mundo, en formato streaming, simplemente creando unha conta gratuíta. Estas 1.500 obras de teatro gratis inclúen representacións históricas do Século de Ouro español, teatro isabelino inglés, comedias, teatro contemporáneo, etc. Están dispoñibles en español, catalán, galego, e o resto de idiomas do Estado (segundo o idioma en que se representou a obra).

Ningún comentario :