luns, 13 de abril de 2020

Museos online gratis na cuarentena cultural


Agora podemos visitar os museos nunha única web. Trátase de  virtualmuseums.io, un sitio que inclúe un mapa con todos os museos  online que se van rexistrando.

virtualmuseums. io ten como obxectivo compensar a corentena permitíndonos percorrer os museos virtuais máis famosos do mundo.

Un museo virtual é unha versión dixitalizada dun museo da vida real. Moitos museos virtuais ofrecen percorridos virtuais, que nos permiten camiñar polo museo e examinar diferentes artefactos coma se estivésemos alí en persoa. Outros museos virtuais non ofrecen visitas virtuais, pero permiten explorar grandes partes das súas coleccións en liña.

Para algúns, os museos virtuais ofrecen algo que máis que sentar e ver  Netflix sen pensar en  lada, para outros, visitar museos virtuais en todo o mundo ofrece algúns dos beneficios de viaxar; poder ver outras culturas e aprender cousas fóra da súa experiencia inmediata. Sexa como sexa, é un recurso que vale a pena coñecer.

Ao pulsar nas iconas do mapa podemos ver unha descrición de cada mapa, así como un  link á visita virtual do museo correspondente.

Se aínda non atopades o museo que queredes, tamén podedes visitar a selección que fai Wwwhatsnew

Ningún comentario :